_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Sácase a contratación a redacción do proxecto de humanización da Praza da Independencia

O Concello de Vilagarcía segue adiante cos seus plans de humanización do centro urbano conforme ao modelo de cidade que defende o goberno local. Tendo previsto que a peatonalización da Praza de Galicia se acometa despois do verán, a Xunta Local de Goberno decidiu onte ir avanzando na seguinte fase, a que afectará á Praza da Independencia, para o cal sacará a contratación a redacción do proxecto.
11.04.2017.- O contrato de Redacción de proxecto básico e de execución da humanización da Praza da Independencia conta cun orzamento de 20.000 euros. Ao tratarse dunha obra menor, a contratación realizarase polo sistema de invitación. Nas condicións previas estipuladas polo goberno dítanse unha serie de directrices que deberá seguir o arquitecto que finalmente se lle adxudique o deseño da actuación. A primeira, é que o proxecto deberá ter en conta a contorna na que se desenvolverá e, polo tanto, ir acorde e integrarse coas peatonalizacións das rúas adxacentes como a Praza de Galicia ou Arapiles, de xeito que a relación ou futura unión entre elas sexa harmónica.

Outro aspecto que o arquitecto deberá ter moi en conta é a propia identidade e relevancia da Praza da Independencia, un entorno emblemático de gran contido histórico xa que foi a Praza do Mercado no medievo e posteriormente o lugar onde os vilagarciáns proclamaron a Independencia de Francia cando as tropas napoleónicas invadiron España. Tendo en conta os datos, o goberno apunta a configuración actual da praza e o mobiliario da mesma como elementos de gran importancia.
Ademais, o proxecto deberá ter en conta a posible ampliación ou mellora da rede de saneamento, tramitación para ampliación ou me,lora do resto dos servizos instalados no ámbito a traballar, e o soterramento de tódalas liñas que pasen polo ámbito de actuación.

O proxecto no só debe ser coherente co prantexamento xeral das humanizacións de rúas e prazas, senón que ademais, debe´ra ser obxecto de seguimento técnico polo Concello.

O proxecto prevé a peatonalización de dous das tres rúas que bordean a praza: a lateral que vai do cruce do colexio San Francisco ata o inicio da Rúa San Roque (ondeos supermercados), así como a vía que discorre entre Padre Feijó e o colexio. A terceira rúa, a que pasa por diante da clínica veterinaria, manterase aberta ao tráfico, aínda cambiando de sentido para dar saída aos vehículos que accedan dende Edelmiro Trillo.

Primeiro a Praza de Galicia

A humanización do centro urbano de Vilagarcía comezará despois de verán, coa execución do proxecto xa existente para a peatonalización da Praza de Galicia dende o cruce con Padre Feijó ata o de Conde Vallellano. A actuación aproveitarase para dotar a este espazo de masa vexetal, a modo dunha pequena alameda, na que terán cabida zonas de “ vasos” que actuarán a modo de fontes e que facilitarán a recollida e absorción das augas pluviais.

O proxecto foi redactado por Mariano Vázquez e actuación ten un custe de 353.593 euros que se financian a través dos fondos provinciais que lle corresponden este ano a Vilagarcía.

A fase da Independencia executarase despois e con cargo aos fondos europeos FEDER.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -