_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Vintecinco persoas beneficiáronse do programa Xantar na Casa en 2016

Un total de 25 veciños de Vilagarcía se beneficiaron o ano pasado do programa Xantar na Casa que prestan os Servizos Sociais do Concello no marco das iniciativas de apoio á unidade de convivencia e axuda no fogar.Este programa consiste nun servizo de comida a domicilio para persoas dependentes que ten como obxectivo evitarlle os riscos que lles pode conlevar a eles preparase as súas comidas á vez que garantirlle unha alimentación equilibrada en base as súas necesidades concretas.
13.04.2017.- O Concello de Vilagarcia presta dende 2009 o programa Xantar na Casa. Os usuarios incrementaron nos últimos dous anos, xa que o número habitual anteriormente non pasada dos 20, chegando o ano pasado aos 25. O número non é constante todo o ano, xa que tamén se teñen producido algunhas baixas e en 2017 xa se rexistraron 2 novas altas.

Idade media de 77 anos

O usuarios do Xantar na Casa están igualados en canto a sexos, xa que hai 12 homes e 13 mulleres. O abano de idade é amplo, cos extremos nos 37 e 95 anos, sendo a media de idade os 77 anos. Máis da metade dos usuarios, un total e 16, conviven solos nas súas casas e 3 deles eran tamén usuarios do Servizo de Axuda no Fogar.

O Xantar na casa é un programa subvencionado polas administracións. Xunta e Concello financian a partes iguais o 66% do custe, mentres que a cota máxima a pagar polo usuarios sería do 33% restante. Non obstante, contémplanse bonificacións a maiores para as persoas con menos ingresos, polo que dos 25 usuarios que tivo o servizo o ano pasado 24 deles so abonaron o 25% do custe e 1 incluso contou cunha axuda maior, ao térselle reducida a cota ao 12,5%.

Xantar na Casa ten como obxectivo fundamental mellorar o nivel de benestar e calidade de vida e previr situación de risco nas persoas maiores ou dependentes. Para el, un servizo de cátering lévalles so seu domicilio menús completos para a comida e a cea, adaptados a necesidades e dietas médicas que lles estean indicadas a cada un deles, e que son precisan de quentar no microondas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -