_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A construción da Escola Infantil de Vilaxoán arranca esta semana

A terceira escola infantil pública do municipio empezará a construírse a próxima semana en Vilaxoán. A empresa adxudicataria das obras, Inelsa, comunicou ao Concello que comezará a traballar a finais de semana na parcela situada entre o lavadoiro e o campo municipal de fútbol. O equipamento educativo contará con todas as dependencias necesarias para atender as necesidades dunha gardería cunha capacidade máxima de 82 prazas para a escolarización de nenos e nenas de entre 0 e 3 anos.
15.04.2017.- A construción da Escola Infantil adxudicouse por importe de 589.000 euros e ten un prazo de execución de 10 meses. A actuación finánciase co parte dos fondos provinciais que lle corresponderon a Vilagarcía con cargo ao POS 2016.

O executivo socialista decidiu dotar a Vilagarcía da terceira escola infantil pública en base á demanda de prazas de escolarización de nenos de 0 a 3 anos que se ven repetindo ano tras an. Esta necesidade corrobóraa a lista de agarda das dúas garderías públicas de Vilagarcía (a municipal da Lomba e a da Galiña Azul de Carril) que a 26 de xaneiro era de 54 prazas, a maioría no tramo de 0 a 1 anos.

A decisión de emprazar este novo servizo en Vilaxoán cumpre dous obxectivos, por un lado atender a demanda do sur do municipio e por outro aproveitar que xa se dispoñía de terreos municipais e non foi preciso investir na súa adquisición.

A Escola Infantil de Vilaxoán construirase sobre a parcela municipal de 2.975 metros cadrados situada entre o lavadoiro e o campo municipal de fútbol. Este emprazamento garante a perfecta comunicación e accesibilidade ás instalacións a partir de dúas rúas diferentes, así como o espazo suficiente para dispor dun aparcamento público para dar servizo ao centro e zonas verdes na parte frontal.


O proxecto redactado polo Arquitecto Iago Fernández Puentes, da Oficina Municipal de Vivenda, destaca pola máxima funcionalidade do edificio, perfectamente adaptado ás necesidades que ten un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade. As instalacións Terán unha capacidade máxima de 82 prazas divididas en 6 aulas, aínda que en principio habilitaranse cinco (dúas de bebés, dúas para cativos de 0 a 1 ano; e unha para os de 2 a 3 anos).

O edificio manterá a tipoloxía típica do casco mariñeiro, ao que dará continuidade, edificándose segundo un deseño modular no que se respectan os volumes e estética das casas da tradicionais da ARI de Vilaxoán.

O Concello ten solicitada unha entrevista co responsable do Consorcio Galego de servizos de Igualdade e Benestar para solicitar a inclusión do centro de Vilaxoán na rede de escolas infantís que xestiona o organismo dependen te da Xunta de Galicia, sistema que rexe tamén na gardería “A Galiña Azul” de Carril.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -