_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
A Xunta acepta as teses do concello e reduce de 1,4 a millóns de 465.000 euros os xuros a devolver por Luz Salgada

O Concello só deberá ingresar á Xunta 465.232 euros correspondentes aos xuros legais do diñeiro concedido á administración municipal en 2006 para o proxecto Luz Salgada, incluído no Fondo de Modernización de Infraestruturas Turísticas (FOMIT). Así o acaba decidir a Axencia de Turismo de Galicia, que admite as alegacións presentadas polo goberno de Alberto Varela e, en consecuencia, reduce a cantidade esixida inicialmente, 1.375.172 euros, aos citados 465.000.
15.04.2017. En principio, esta resolución pon fin a moitos anos de conflitos entre o Concello, a Xunta e o Goberno central, con contenciosos de por medio sobre as competencias de cada quen e pronunciamentos do Supremo e do Constitucional. Con todo, aínda cabería a posibilidade de o goberno de Mariano Rajoy presente un novo contencioso contra a decisión do executivo de Núñez Feijóo, por estar en desacordo coa citada resolución.

A devolución dos xuros vai exactamente dende a subscrición do préstamo, o 1 de xuño de 2006, ata o 20 de febreiro de 2015, cando o goberno de Tomás Fole decidiu devolver todo o que restaba do préstamo pola imposibilidade da súa execución. Cando Alberto Varela chegou á alcaldía, en maio dese mesmo ano de 2015, atopouse con que a Xunta reclamaba entón os 1,4 millóns de euros de xuros. As alegacións presentadas lograron que ese contía se reducise en case un millón de euros que xa non terán que soportar as arcas municipais.

As alegacións presentadas polo goberno de Varela Paz baseábanse en algo tan lóxico como que dificilmente se poderían esixir xuros sobre 2,5 millóns de euros (parking en Fexdega) que non se puideron investir porque o Estado denegou o cambio de finalidade. Como esa decisión foi recorrida pola Xunta, que argumentaba que esa competencia era súa, e mentres o Supremo non se pronunciou, o concello non foi responsable da inexecución deses 2,5 millóns. Cando a Xunta por fin autorizou ese cambio de finalidade (agora, praza de abastos e a súa contorna), o prazo de execución era imposible, apenas 7 meses, de xeito que tampouco o concello tivo responsabilidade algunha no non-investimento. De feito, foi o goberno do PP o que terminou por devolver todo o que restaba por executar, 4,05 dos 5,99 millóns de euros concedidos.

Na súa última resolución, a Xunta admite que “a esixencia do xuro legal practicada -1,4 millóns sobre os 4,05 non investidos- non ten conta as circunstancias postas de manifesto polo concello, xa que a denegación da modificación dítase por órgano manifestamente incompetente, e transcorren catro anos ata que se dita a resolución polo órgano competente por estar sub iudice o procedemento... A liquidación de xuros a practicar debe conter tales extremos, de xeito que non se cause un prexuízo de imposible reparación ao concello, en tanto non lle é imputable o resultado final”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -