_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello non autoriza a instalación dun circo na cidade pola utilización de animais no espectáculo

O Circo Vienna Roller carece de permiso municipal para instalarse en Vilagarcía de Arousa por tratarse dun espectáculo que fai uso de animais. O Concello denegou o permiso solicitando polo empresario circense en base a un acordo do ano 2015 da Xunta de Goberno Local comprometéndose á defensa dos animais e prohibindo a celebración no municipio de calquera tipo de espectáculo que exhiba ou use animais nos seus números.Tanto o empresario circense como os propietarios dos terreos nos que se está anunciando o espectáculo teñen coñecemento por escrito da resolución municipal.
24.04.2017.- O acordo da Xunta de Goberno de 2015 no que se fundamenta a non autorización do devandito espectáculo que inclúe números con serpes e crocodrilos adoptouse en base á Declaración Universal dos Dereitos dos Animais, así como na Lei 1/1993, de Protección dos Animais de Galicia e está conforme coa liña que está a seguir a Xunta de Galicia que hai unhas semanas aprobou o anteproxecto de lei de defensa dos animais máis restritivo aínda que a actual normativa.

O representante da empresa circense que se dirixiu ao Concello coñece a prohibición que existe en Vilagarcía e que, como toda norma ditada polo Concello, é aplicable a todo o termo municipal, independentemente da titularidade pública ou privada do emprazamento.

En caso de que a empresa persista en instalar o circo, tal como parece que ten anunciado, a Policía Local ten orde de intervir en salvagarda da legalidade vixente, sen prexuízo das posibles sancións que correspondesen.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -