_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Vilagarcía recibe aos máis de 300 participantes no Campionato Galego de Atletismo Adaptado

O Estadio Municipal de Atletismo de Fontecarmoa acollerá mañá un evento deportivo de nivel autonómico. Trátase do Campionato Galego de Atletismo Adaptado no que este ano participan máis de 300 deportistas procedentes de clubs de diversos puntos da xeografía galega. Trátase dun evento organizado polo Club Polideportivo de Educación especial de Vilagarcía coa colaboración da Fundación Municipal de Deportes e a Federación Galega de Deporte Adaptado.
17.05.2017.- A competición comezará ás dez da mañá e está previsto que se prolongue ata as dúas da tarde. Os deportistas irán realizando as distintas probas deportivas adaptadas ás características especiais dos participantes e que serán valoradas por xuíces federativos. Haberá carreiras, salto de lonxitude e lanzamento de peso nas diferentes categorías establecidas en función das características dos deportistas.

Os vencedores irán subindo ao podio e recibindo as medallas ao longo da mañá, a medida que se van concluíndo as probas que está previsto rematen ás dúas da tarde.

Firme posta pola integración a través do deporte

O Campionato Galego de Atletismo Adaptado vense celebrando en Vilagarcía de forma continuada dende hai máis de unha década poñendo de manifesto o apoio do Concello á integración real, normalización e socialización das persoas con discapacidades, neste caso, a través da práctica do deporte.

A elección do Estadio de Atletismo de Fontecarmoa como sede desta competición débese a varias circunstancias destacando a idoneidade das instalacións deportivas e o amplo respaldo que o Concello sempre lle presta á organización poñendo a súa disposición as instalacións e medios municipais, e tamén debido á existencia en Vilagarcía dun importante e dinámico club de deporte adaptado, como é o Polideportivo de Educación Especial
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -