_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Xunta de Goberno adxudica o luns a elaboración da RPT á empresa Galivalia

A Xunta Local de Goberno abordará na sesión do luns a proposta de adxudicación á Galivalia Consulting do contrato de realización dos traballos de estudio, documentación, análise, descrición e catalogación dos postos de traballo do Concello, é dicir, da elaboración da RPT. O contrato adxudícase por 41.000 euros e segundo consta nos pregos da convocatoria, a firma disporá de 3 meses para presentar a primeira fase do proxecto que ten unha duración total de 12 meses.
26.05.2017.- Galivalia é unha consultora con sede en Bertamiráns, A Coruña, con ampla experiencia na redacción e posta en marcha de RPT en concellos de toda Galicia. De feito, elaboraron as RPT e realizaron labores de asesoramento en materia de Recursos Humanos nos concellos de Pontedeume, Ames, Brión, Cabanas, Cambados, Carballo, Cee, Cerceda, Vila de Cruces, Foz, Gondomar, Mos, O Barco de Valdeorras, Tui, Cerceda, Cuntis, Ribeira, Teo, Ferrol, A Estrada, A Laracha, Neda, Oroso, Rianxo, Ribadeo, Tomiño, Xinzo de Limia, Redondela.

Coa adxudicación deste contrato o goberno local cumpre o compromiso adquirido coa plantilla municipal de levar a cabo a necesaria RPT para poder ordenar de maneira eficiente os recursos humanos da administración local e resolver as carencias e demandas dos distintos departamentos e traballadores.

Os traballos que deberá executar Galivalia inclúen o estudo, documentación, análise, descrición e catalogación dos postos de traballo do Concello para a posterior valoración e confección dunha nova RPT, documento necesario para cumprir o precepto legal relativo a que a planificación dos recursos humanos das administracións públicas terá como obxectivo contribuír á consecución da eficacia na prestación dos servizos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles mediante a dimensión axeitada dos seus efectivos, a súa mellor distribución, formación, promoción profesional e mobilidade.

Tres fases

Nos pregos de licitación establécese que os traballos realizaranse en 3 fases. A primeira, de que deberá rematarse nos tres primeiros meses, consistirá no análise e deseño da organización municipal; actualización da descrición funcional de servizos e unidades e a proposta organizativa e de dotacións.

A segunda fase realizarase en outros 3 meses e centrarase na realización do Catálogo de Postos de Traballo, documento no que se recollerán fichas individualizadas e coas características de cada posto, tanto de persoal funcionariado como laboral e, de ser o caso, dos postos de nova creación que se propoñan tras o análise de necesidades. Nesta fase darase participación ao persoal.

Á terceira e última fase destinaranse os últimos 6 meses. Neste tempo realizarase a valoración dos postos de traballo, que será exposta á Mesa de Negociación. Posteriormente se elaborará un manual de xestión e valoración de postos de traballo e, a continuación se redactará a RPT propiamente dita. Isto permitirá reunir todas as fases a efectos de presentar o documento definitivo.

A efectos de axilizar o trámite, a licitación realízase mediante o método de invitación a tres empresas especializadas e con experiencia na redacción e posta en marcha de RPTs en diferentes administracións.

Evitar discriminacións

O goberno socialista xa comunicara aos representantes sindicais presentes na Mesa de Negociación a intención de realizar unha RPT actualizada ao entender que o mellor xeito de valorar e atender as reivindicacións realizadas polos traballadores, tanto a nivel de colectivos como de xeito individual, é facelo dende unha perspectiva xeral e de conxunto, unha vez que de dispoña do organigrama real de necesidades. Deste xeito evítanse discriminacións e as melloras que se fagan adecuaranse á organización máis eficaz para a prestación dos servizos municipais tanto a nivel interno como dos que se prestan á cidadanía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -