_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A senda polo antigo trazado ferroviario entre Vilagarcía, Caldas e Portas denominarase “Vía Verde do Salnés”

A primeira Vía Verde integramente galega levará por nome “Vía Verde do Salnés”. Así o decidiron os alcaldes de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Portas, na xuntanza que mantiveron esta mañá en Ravella para analizar o borrador do proxecto remitido pola Fundación de Ferrocarrís Españois para a creación da senda que discorrerá polo antigo trazado ferroviario entre estas tres localidades. Os tres rexedores amosaron a súa satisfacción pola axilidade co que está avanzando a iniciativa que consideran que resultará moi positiva como atractivo turístico para todos os municipios.
01.06.2017.- Ademais dos alcaldes de Vilagarcía, Alberto Varela; Caldas, Juan Manuel Re; e Portas Víctor Estévez, participaron na xuntanza desta mañá a tenente de alcalde, Tania García e o concelleiro de Turismo, Juan Antonio Pérez. Entre todos repasaron o anteproxecto elaborado pola FFE e tomaron decisión ao respecto.

Aparte da denominación, os rexedores acordaron solicitar unha reunión conxunta coa presidenta da Deputación de Pontevedra, a efectos de solicitar financiamento para acometer a construción da Vía Verde do Salnés posto, aparte do interese que ten unha iniciativa de turismo activo, natural e totalmente accesíbel para persoas que precisan de cadeira de rodas, e de tratarse dun proxecto supramunicipal que afecta a tres concellos da provincia, ten unha especial relevancia por canto a do Salnés será a primeira Vía Verde integramente galega, razón polas cales os rexedores confían en contar coa implicación do organismo que preside Carmela Silva.

Os técnicos da FEF valoran o proxecto en 532.763 euros, aínda que o orzamento podería variar sensiblemente ao ter que incluír o acondicionamento do apeadeiro de Ande-Rubiáns, que non se tiña recollido no documento, segundo detectaron os responsables municipais. O prazo de execución marcado é de 10 meses e a intención dos alcaldes é que a actuación poida materializarse coa maior brevidade, dado o efecto beneficioso que suporá para os municipios.
Á hora de redactar o proxecto, os técnicos tiveron en conta que a Vía Verdee do Salnés tiña que ofrecer un grado máximo de accesibilidade a todo tipo de usuarios, facilidade no recorrido e tranquilidade que permita o goce sosegado do entorno medioambiental e cultural.

A Vía Verde que se plantea no proxecto construtivo, ten una lonxitude de 9,195 quilómetros partindo de Rubiáns, pasando por Caldas e rematando na estación de Portas, nas inmediacións da vella azucareira.


Miradoiros e áreas de descanso equipadas

O documento consiste basicamente no acondicionamento da plataforma pola que discorrían as vellas vías do tren e a súa conversión nunha senda para su uso peonil e cicloturista utilizando materiais acordes coa entorna. O proxecto inclúe equipamentos complementarios, como la adecuación dos accesos, creación de miradoiros nas zonas nas que a senda se ensancha e habitación de áreas de descanso equipadas con sinalización informativa e elementos auxiliares como bancos, mesas e papeleiras.
Tamén se prevé a construción de pequenas obras de drenaxe e reforestación.

Acondiciomaneto da ponte de metal sobre o Umia

Un dos elementos que se destacada na rota é ponte metálica que salva o río Umia, no límite municipal entre Caldas e Portas. Trátase dunha estrutura de 64 metros de lonxitude e 3 vanos que se considera un dun excelente exemplo da enxeñería ferroviaria de finais de século XIX. A ponte acondicionarase debidamente para o tránsito de persoas e cicloturistas cun entaboado de madeira pretratada.

Dado que a Vía Verde do Salnés conta con numerooso cruce doutras vías ao longo do trazado, prevense a instalación de elementos que impidan o acceso de vehículos a senda peonil. Tamén se acondicionan e sinalizan camiños que permitan aos peóns ou cicloturistas, acceder á Vía Verde por distintos puntos do seu trazado, de xeito que non sexa preciso empezar o percorrido nos seus extremos.

Atractivos da rota

Outros elementos de interese que salientan os redactores son a antiga azucareira de Portas, “claro exemplo do patrimonio industrial”, construcións de relevancia arquitectónica e de encanto singular como o Pazo de Rubiáns e os seus xardíns de camelias; así como numerosos rincóns e construcións históricas das comarcas do O Salnés e Caldas en na provincia de Pontevedra. Tamén se advirte de que este antigo trazado ferroviario converterase na primeira vía verde que discorrerá integramente na comunidade galega, e que o seu acondicionamento permitirá a conexión dos camiños portugueses e a costa cara Santiago de Compostela.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -