_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello aporta 90.600 euros para os programas de Cruz Vermella

O Concello de Vilagarcía contribuirá este ano a financiar os principais programas que Cruz vermella presta en Vilagarcía cunha achega de 90.600 euros. Esta partida divídese en dúas accións. A principal, cunha achega de 84.000 euros destínase a participar nos gastos do Albergue de Transeúntes, mentres que os 6.600 restantes son para financiar as axudas en situación de emerxencia social de carácter urxente e inmediato.
0A Xunta Local de Goberno dou o visto bo aos dous convenios que os Servizos Sociais do Concello asinarán este ano con Cruz Vermella e a través dos que se articulan as mencionadas subvencións de carácter nominativo.

Estes convenios enmárcanse no protocolo de colaboración entre o Concello e varias entidades sociais do municipio. O protocolo elaborouse co obxecto de crear unha rede máis ampla e tupida de servizos sociais para chegar a onde as administracións non poden, ben por falta de medios ou polos prazos de tramitación que establecen os protocolos legais e que ralentizan a concesión de axudas, especialmente as de carácter inminente.

2.200 euros máis que o ano pasado

Para resolver este último obstáculo asinouse do convenio con Cruz Vermella para as accións dirixidas a paliar situacións de emerxencia social de carácter urxente e inmediato que permite á entidade non gubernamental conceder estas axudas ao momento, a diferenza da administración que ten que realizar a tramitación do expediente. Deste xeito garántese que as axudas realmente urxentes sexan efectivas a ser recibidas de forma inmediata.
Para este convenio o Concello aporta este ano 6.600 euros., 2.200 máis que no exercizo anterior.

A cantidade más importante, a de 84.000 euros destínase a contribuír no financiamento dos gastos de xestión e mantemento do albergue de transeúntes que Cruz Vermella ten na Praza da Constitución.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -