CONCELLO
As axudas do IBI concederanse mediante convocatoria e sobre pago realizado, como toda axuda pública As bases que regularán a concesión da axudas municipios para o pago do IBI xa están elaboradas a efectos de poñelas en marcha coa maior brevidade. O texto está sendo revisado técnica e xuridicamente por Secretaría, Intervención, Tesourería e Servizos Sociais a afectos de garantir tanto a legalidade e transparencia da convocatoria como de que se cumpra eficazmente o obxectivo para o que se crean: axudar ás familias ou propietarios que realmente o precisan. Unha vez convocadas, o Concello axilizará ao máximo a tramitación para que os beneficiarios poidan cobralas no prazo máis breve posible. Como se sabe, o Concello reservou nos orzamentos deste ano 90.000 euros para financiar esta nova liña de axudas.
13.06.2017.- A efectos de cumprir os requisitos de legalidade e transparencia, o procedemento a seguir será o de unha convocatoria pública similar á de calquera outro tipo de subvención ofertada por unha administración pública. Toda subvención abóase despois de que o beneficiario teña realizado o pago subvencionable, xa que o requisito fundamental que se lle esixe é a previa xustificación do gasto. Todas as convocatorias de subvencións realizadas por Xunta, Estado ou Concello teñen que seguir este mandato. Ademais, hai que ter en conta que neste caso a subvención é para bonificar un imposto municipal, cuxa recadación é vital para a economía municipal.
Convocatoria e publicidade
Unha vez superada a supervisión dos servizos técnicos e xurídicos, a Xunta Local aprobará as bases e remitirá aos boletíns oficiais a convocatoria para a súa publicación, momento a partir do cal se abrirá o prazo de presentación de solicitudes que se establecerá nun mes. Tamén se publicitará a medida e os prazos nos medios de comunicación locais e nos propios do Concello a efectos de que a convocatoria chegue a todos os veciños e veciñas da cidade.
Modelo tributario máis xusto e equitativo
O obxectivo destas subvencións é axudar a afrontar o pago do recibo do IBI a aquelas familias ou propietarios que teñen dificultades económicas para facelo por si mesmas. Con isto, o goberno local pretende seguir avanzando nun modelo tributarios máis xusto e equitativo. Por iso, as axudas concederanse en función do nivel de ingresos e dos bens que posúa a unidade de convivencia e sempre para aqueles casos nos que o solicitante sexa propietario desa única vivenda e sexa a súa residencia. Tento en conta o principio de progresividade, a suma da bonificación variará porcentualmente en funcións dos ingresos.
A creación destas axudas para o pago do IBI e a súa posta en marcha este mesmo ano foi un compromiso realizado polo goberno socialista durante tramitación dos Presupostos Municipais de 2017 e que acompaña ás baixadas do tipo impositivo promovidas polo executivo que preside Alberto Varela nos anos 2016 e 2017 para contrarrestar o “catastrazo” imposto polo goberno do PP.