_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
As prazas para as travesías en galeón adxudicaranse a partir do número 62

A Concellería de Medio Ambiente realizou esta mañá o sorteo para as travesías en galeón que organiza o Concello e o colectivo Rompetimóns. O número resultante do sorteo foi o 64, polo que a adxudicación das prazas dispoñibles realizarase a partir de ese número en diante. Para confirmar a asistencia e fixar o día e hora das excursións, a Concellería de Medio Ambiente comezará a chamar a partir da última semana de xuño aos solicitantes pola orde establecida no sorteo. As travesías realizaranse nas fins de semana, entre o 8 de xullo e o 3 de setembro.
14.06.2017.-O prazo para anotarse neste programa rematou o luns, 12 de xuño e en total foron 83 as solicitudes que recibiu Medio Ambiente para participar nas travesías en galeón este verán, aínda que o número de persoas interesadas en participan é moito máis elevado xa que en cada solicitude podían figurar ata un máximo de 5 persoas inscritas. Cada solicitude recibiu un número para participar no sorteo e que é o que rexerá agora para a adxudicación das prazas. As bases pódense consultar no taboleiro de anuncios da web.

Xa está pechado o calendarios das travesías e os horarios das rutas que dependen das mareas. A celebración das mesmas supedítase ás condicións meteorolóxicas. Os participantes embarcarán no peirao de Pasaxeiros de Vilagarcía e a duración aproximada da excursión é de 2 horas. O aforo no galeón Cortegada limítase a 9 viaxeiros.

CALENDARIO

S 08 Xllo: 10:00- 12:00- 16:00 horas
D 09 Xllo: 10:00- 12:00 horas
S 15 Xllo: 12:00- 16:00 horas
S 22 Xllo: 12:00- 16:00 horas
S 12 Ago: 10:00- 12:00 horas
D 13 Ago: 16:00 horas
S 19 Ago: 12:00- 16:00- 19:00 horas
D 03 Sep: 12:00- 16:00- 18:00 horas

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2017  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -