_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Carril disporá dun aparcamento disuasorio gratuíto nas inmediacións do instituto

Carril disporá a partir de mediados de xullo dun aparcamento disuasorio gratuíto nas inmediacións do instituto. O goberno local de Vilagarcía chegou a un acordo cos propietarios da finca de 2.000 metros cadrados para que esta poida ser usada como estacionamento público a través da firma dun convenio de colaboración similar aos asinados no último ano para habilitar estacionamentos na Escardia, o Piñeiriño ou A Torre e ir paliando deste xeito a escasez de prazas de estacionamento no municipio e contribuír a aliviar de tráfico rodado os centros urbanos. Mediante estes convenios o Concello paga aos donos un aluguer simbólico similar ao concepto do IBI dos terreos a utilizar a cambio de permitir ese uso público.
17.06.2017.- Segundo o acordado coa concelleira de Mobilidade, Paola María, a familia Rey, propietaria destes terreos xa comezou xa a desbrozar os terreos. Unha vez rematados estes traballos, o departamento municipal de Obras encargarase da explanación e acondicionamento da finca. A previsión é que as labores conclúan a mediados de xullo, momento no que xa se podería comezar a utilizar o estacionamento.

Dada a súa proximidade ao Paseo Marítimo, e ao centro de Carril, esta nova bolsa de aparcamento dará servizo tanto aos bañistas que acudan á praia en verán, como ás persoas que se dirixan a Carril. A posta en marcha do estacionamento chega en plena temporada estival, momento no que o número de visitantes e turistas multiplícanse no municipio e no que a cidade acolle numerosas festas multitudinarios que atraen a milleiros de persoas, como por exemplo o Combate Naval ou a Festa da Ameixa, dous dos eventos para o que este estacionamento sería de gran utilidade.

Ademais, contribuirá a desconxestionar os accesos ao instituto durante a temporada escolar. Ata o de agora, a principal zona de aparcamento de carril sitúase na zona do Porto, aínda que queda anulada durante a celebración de festas, polo que para atopar aparcamento había que desprazarse ata a zona da Tomada, bastante máis alonxada da o centro da localidade e da praia.

Complemento á Mobilidade

Co de Carril son xa sete as bolsas de estacionamento habilitadas polo Concello a través deste sistema de colaboración con propietarios privados posto en marcha polo goberno que dirixe Alberto Varela. Os primeiros convenios que se puxeron en práctica hai case un ano foron os dous da Escardia, ao que lle seguiu o do Piñeiriño. Uns meses despois chegouse a acordo para a firma de convenios en solares da Avenida de Cambados, nas inmediacións do campo de Berdón e na Torre (A Golpelleira). Para o Concello, este sistema ofrece numerosas avantaxas xa que o custe dos convenios é simbólico e a cambio ofrécense unha rede de bolsas de aparcamento distribuídas por diferentes puntos situados no límite das zonas urbanas que permiten deixar o coche cerca e trasladarse a pé ao lugar elixido. A medida enmárcase nas políticas de mobilidade que segue o executivo socialista na que se pretende liberar os centros urbanos de coches para que sexan espazos peonís para o goce dos peóns.

O goberno local destaca a receptividade dos propietarios cos que se ten contactado ata o momento e a súa total disposición a colaborar a través desta fórmula na que tanto os titulares como todos os vilagarciáns saen beneficiados, uns ao aforrar o importe do IBI e ter garantido a limpeza e mantemento dos terreos, e os outros ao contar cun necesario servizo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -