_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MULLER
Ábrese o prazo para anotarse ao o obradoiro infantil de cociña e tarefas do fogar

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía pon en marcha un ano máis o Obradoiro infantil o de cociña e tarefas do fogar “Eu tamén sei cociñar”. Cincuenta nenos e nenas nados entre os anos 2008 e 20011 (ambos incluídos) poderán participar na actividade que se desenvolverá nos centros socio culturais de Cornazo, Trabanca Badiña, Carril, O Piñeiriño e San Roque. A participación é de balde e o prazo de inscrición está aberto ata o 7 de xullo.
O Obradoiro “Eu tamén sei cociñar” é unha actividade que a Área de Igualdade ven realizando durante nos últimos anos na época estival con tres obxectivos: promover a igualdade entre xéneros , fomentar a corresponsabilidade no fogar e contribuír á conciliación da vida laboral, persoal e familiar.
20.06.2017.- A Deputación Provincial de Pontevedra subvenciona a través do Plan Concellos 2017 o obradoiro que se impartirá do 24 de xullo ao 5 de setembro, un día á semana en cada un dos centros culturais sinalados. Os luns será no centro cultural de Carril, os martes no de Cornazo, os mércores en Trabanca Badiña, os xoves no Piñeiriño e os venres no Centro Cultural de San Roque. O horario será de 09.30 a 13,30 horas, aínda que para favorecer a conciliación das familias, poderase flexibilizar a entrada en media hora ata as 10. 00 e a saída pode realizarse dende as 13.00 horas.

O prazo de inscrición ábrese hoxe, día 20 de xuño e pecharase o 7 de xullo. Os formularios de inscrición pódense imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal ou recoller nas dependencias da Área de Igualdade.
Romper estereotipos

O obxectivo desta actividade é revalorizar entre os nenos e nenas a importancia dos saberes que tradicionalmente lles foron asignados só ás mulleres, para romper cos estereotipos sexistas no entorno da infancia e potenciar unha autonomía persoal que favoreza a corresponsabilidade dentro do fogar. O Obradoiro infantil de cociña e tarefas do fogar enmárcase dentro do II Plan de Igualdade do Concello de Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2017  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -