_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O centro urbano péchase ao tráfico o domingo de mañá pola celebración da Carreira Solidaria Ladesol

Vilagarcía volve a acoller esta fin de semana un evento deportivo que obrigará a realizar cortes de tráfico no centro urbano da cidade. Trátase da III Carreira Solidaria Ladesol que se desenvolverá entre as 10 e as 14 horas do domingo, 25 de xuño. A Policía comezará a cortar o tráfico de forma progresiva a partir das 8 da mañá pola Avenida da Mariña. A medida afecta tanto á circulación de vehículos como a entrada e saídas de garaxes e paso de furgonetas de reparto.
20.06.2017.- A III Carreira Solidaria Ladesol establecerá a liña de saída e meta na
Avda. Mariña e discorrerá por Rivero De Aguilar, Valle Inclán, García Caamaño, Castelao, Praza de Galicia, Arcebispo Lago, Alexandre Bóveda, Valle Inclán, vial do Cavadelo, Conde Vallellano, Praza de Galicia, Padre Feijoo, Arapiles, Praza de Ravella, Ramón e Cajal, Alcalde Rey Daviña, Praza da Constitución, Méndez Núñez, Juan García, Conde Vallellano e, final na Avda. Da Mariña.

Os cortes de tráfico comezarán ás 08.00 horas pola avenida da Mariña e se irán estendendo ao resto das rúas do percorrido da proba de forma progresiva. Dependendo do desenrolo da proba, os horarios dos peches poderán verse afectados, restablecéndose en canto sexa posible.

A Policía Local advirte de que a medida afectará tamén ao acceso a garaxes (públicos ou privados) e á circulación de vehículos de reparto. No suposto do paso de vehículos de emerxencias, deberán poñerse en contacto coa Policía Local para facilitarlles o acceso, desvíos ou facer os cortes necesarios para que poidan prestar o seu servizo.

O Concello pide a máxima colaboración de veciños e condutores e prega desculpas de antemán polas molestias ocasionadas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -