_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A Confraría deberá presentar un Plan de Autoprotección para a Festa da Ameixa

Os organizadores da Festa da Ameixa do Carril, Confraría e Agrupación de Parquistas, deberán presentar un plan de autoprotección, que inclúa seguridade e atención de emerxencias, se queren que O Concello asine a solicitude de autorización de uso do solo a Portos de Galicia. Así o anunciaron o alcalde, Alberto Varela, e a portavoz do goberno, Tania García, que insistiron en que a coincidencia de eventos en futuros anos non se pode volver a repetir.
07.07.2017.- “Os medios municipais non son ilimitados e son agora os mesmos que no pasado mes de xaneiro”, indicou o alcalde. Así que ante a “cerrazón” do presidente da Confraría e dos Parquistas, José Luis Villanueva, de manter as datas do 19 e 20 de agosto, o concello fará o esforzo de cumprir estritamente co que marca a lei –as competencias de regulación de tráfico, por exemplo, non son delegables- pero iso implicará que os organizadores teñan que chegar a onde non poida facelo o concello cos seus propios medios, é dicir, contratando seguridade privada e medios de emerxencia, é dicir, tal e como sucede noutros eventos ou festivais. Igualmente, confraría e parquistas deberán asumir a limpeza do recinto unha vez acabada a festa.

Todas estas medidas deberán ser concretadas nun plan de autoprotección que deberá ser elaborado e asinado por un técnico competente e avalado, en todo caso, polos servizos de policía local e de emerxencias do propio concello. “Nada disto sería necesario se os organizadores houberan mudado de datas, como lle vimos dicindo dende xaneiro. O que presentaron entonces é o mesmo que coñecemos ata agora, una proposta xenérica sen concretar nada. E seguimos sen entender moi ben que aporta unha verbena na praia un domingo pola noite a unha festa gastronómica; verbena da que, por certo, seguimos sen saber se teñen permiso de Costas” , dixo Alberto Varela.

En calquera caso, o alcalde xa anunciou que esta situación no se pode volver a repetir nun futuro. “Se non chegamos a un acordo, isto vai volver a suceder en vindeiros anos”. Neste sentido, a portavoz do goberno rebelou que foi o anterior goberno, do Partido Popular, quen chegou a un acordo con Revenidas para levar este festival ao mes de agosto, “ante a falta de propostas do PP para as propias festas patronais”, dixo Tania García.

A portavoz tamén lembrou que en 2010, cando o PP promoveu a declaración da Ameixa como de interese turístico de Galicia o seu portavoz, Tomás Fole, defendía independizala de San Roque para que non se solapasen os actos e para desestacionalizar a oferta lúdica e turística. “Para unha vez que estamos de acordo...”, lamentou o alcalde.

O goberno local convocou á confraría para o vindeiro martes, 11, a fin de analizar as condicións da autorización.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -