_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A reforma integral do paseo marítimo podería comezar este mesmo ano

As obras de reforma integral do paseo marítimo de Vilagarcía a Carril poderían comezar este mesmo ano, segundo asegurou hoxe o subsidirector xeral de Protección de Costas, Ángel Muñoz Cubillo, ao alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, durante a entrevista que ambos, xunto coa concelleira de Urbanismo, Paola María, mantiveron hoxe en Madrid. Concello e Costas coinciden en que despois de case trinta años é mellor realizar un investimento forte dunha soa vez que estar ano tras ano destinando importantes cantidades de diñeiro ao mantemento do solado.
19.07.2017.- Como se sabe, este é de lousa e polas súas propias características e polo uso constante e o paso de bicicletas, motocicletas e algún que outro vehículo (limpeza, policía, emerxencias, etcétera) fai que o deterioro sexa constante. A solución técnica proposta pola concelleira de Urbanismo foi valorada moi positivamente polo subdirector xeral, posto que garantirá que as labores de mantemento sexan mínimas.

A reforma integral do paseo podería incluír a ampliación do carril-bici, que agora se ve interrompido ao comezo das vivendas, a altura da praia da Concha. Muñoz Cubillo comentou que para iso será necesario promover un expediente de concesión administrativa e desafectación da zona afectada, algo similar ao que se fixo co miradoiro do balneario da Compostela. O procedemento non é o habitual, pero tampouco as características da praia da Concha-Compostela e o seu paseo son os correntes, de xeito que Costas podería facer unha excepción tendo en conta o inmenso areal que, nesa zona concreta, ao pe do paseo, apenas ten utilidade como praia, nin aí vai chegar nunca a marea.

A reforma do paseo conlevaría, pois, dúas fases ou procedementos, que poderían ser desenvolvidos en paralelo, pero, en todo caso, o que quedou claro hoxe en Madrid é a vontade de acordo entre as dúas administración e o obxectivo común de arranxar o paseo e acabar coa sangría constante de cartos públicos na súa reparación e mantemento. Neste sentido, nas vindeiras datas Concello e Costas analizarán en que proporción participará cada unha das administracións nas dúas fases do proxecto: reforma do solado e ampliación do carril-bici.

Igualmente, Costas e Concello seguirán analizando as posibles solucións á continuidade do paseo dende Vilagarcía ata Vilaxoán, algo non fácil, aínda que non imposible. Hai anos o Ministerio de Medioambiente deseñou un proxecto que hoxe por hoxe non tería cabida na actual Lei de Costas. Os representantes municipais presentaron, por iso, unha alternativa que será analizada pola subdirección xeral e que, en todo caso, sería consensuada cos veciños.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -