_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O Festiclown 2017 inaugurouse cunha visita aos nenos e nenas hospitalizados no Salnés

A pallasa Laura “Mandarina” Muñoz, con 10 anos de experiencia na intervención con nenos e nenas hospitalizadas e coas súas familias, visitou este xoves o Hospital do Salnés, en Vilagarcía de Arousa. Alí fixo pequenos xogos para alegrar a estancia dos pequenos e pequenas ingresadas, e mesmo tivo o espectador máis novo da súa carreira: un bebé acabado de nacer onte mesmo, que desde o berce escoitou a súa caixiña de música. Con esta actividade comezou oficialmente a programación do apartado social do Festiclown 2017.
27.07.2017.- Antes da acción de Laura Mandarina houbo unha pequena rolda de prensa introducida por María Gil, subdirectora do hospital do Salnés, destacando que o centro acolleu outro ano máis o comezo do Festiclown. A continuación, Manuel Márquez, director de área de La Caixa (cuxa Obra Social é colaborador principal do apartado social do festival), incidiu na importancia para esta entidade de colaborar con “programas que apostan polo ocio inclusivo, para que todo o mundo teña a posibilidade de gozar del”. Sonia Outón, concelleira de Cultura de Vilagarcía, salientou o apartado social do Festiclown, que celebra este ano a terceira edición consecutiva en Vilagarcía. Por último, Nacho Fungueiriño, coordinador do festival que se desenvolverá na vila arousá do 10 ao 15 de agosto, detallou o programa do Apartado Social do Festiclown.

Os fins solidarios teñen entidade propia no Apartado Social do Festiclown
O festival de clown ten unha especial preocupación pola descentralización e a democratización do acceso á cultura. De aí o traslado de actividades ás parroquias e a colaboración con entidades de acción social, colectivos en risco de exclusión, e o protagonismo dos nenos e nenas, que van xogar un papel activo neste Festiclown.

Dentro do Apartado Social inclúese a acción inaugural do Festival, o día 10 de agosto. Os nenos e nenas do campamento urbano de Vilagarcía enviarán unha mensaxe de fraternidade para os rapaces e rapazas refuxiadas “derrubando as fronteiras”. O día 11 haberá unha actuación especial da Asociación Con Eles, que reúne a persoas con discapacidade intelectual, cunha proposta escénica dirixida por Fran Rei (de Pallasos en Rebeldía) e tituladad chamada “Eu quero ser”. O Apartado Social continúa o día 12 de agosto co obradoiro de radio cooperativa 'O mundo que queremos', de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), aberto todos os nenos e nenas. Ademais, o domingo, día 13, haberá unha acción no comedor social de Cáritas.

O mesmo día 13 vai ter lugar a única función pola que se cobrará unha entrada (de 5 euros): a Gala Solidaria Infantil. Será no Salón García, estará presentada or nenos e nenas, e contará coa participación de recoñecidos magos e cómicos. A recadación será destinada ao terceiro Festiclown Palestina, que terá lugar en Cisxordania do 18 ao 28 de Setembro.

Descentralización e cultura en movemento

O Apartado Social non só achegará o clown e o riso aos colectivos locais. Tamén fará un labor de inclusión cultural en lugares onde non é habitual contar con programación nin presenza dos principais festivais. O Festiclown nas Parroquias achegará a artistas como Dani García e Fran Rei a cinco parroquias do concello nos días previos ao seu comezo no centro da vila: Guillán, Sobradelo, Cornazo, Solobeira e Carril serán as visitadas nesta edición.

Por último, Pallasos en Rebeldía, a entidade que xestiona a parte social do festival, ofrece como peche do Apartado Social unha función do seu novo espectáculo O Valo, cuxo texto, de Carlos Labraña, foi galardoado co IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. Coa dirección do portavoz de Pallasos en Rebeldía e director do Festiclown, Iván Prado, a obra contrapón a dous personaxes, o Soldadiño de Chumbo, que obedece ordes cegamente sen pararse a pensar na súa inxustiza e indignidade; e Sahara, a rosa do deserto, unha nena que por perdelo todo xa non ten nada que perder, a cadanseu lado dun valo. Unha nova mostra de como o clown pode levar a realidade máis crúa á escena para transformala.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -