_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
O festival Folk no Alobre aprázase ao domingo 27 de agosto pola previsión de chuvia para mañá

A concellería de Cultura e o colectivo pes de Barro acordaron esta mañá nunha reunión de emerxencia, aprazar ata o domingo, 26 de agosto, o festival Folk no Alobre que estaba previsto para mañá sábado 29 de xullo. A razón son as previsión de chuvia que dan para toda a xornada. Os dous organizadores consideraron máis oportuno aprazar o evento para se desenvolva na contorna do Castro de Alobre que manter a data e levalo a un recinto pechado, xa que deste xeito perdería a mesma esencia coa que nace este festival.
28.07.2017.- Os organizadores contactaron ao longo da mañá cos distintos grupos que actuarán na xornada e coas persoas que impartirán os obradoiros para coordinar as súas axendas, polo que o programa manterase integramente co único cambio da data.

Deste xeito, o Folk no Alobre sumarase á Noite Meiga como colofón das festas de San Roque na última fin de semana de agosto, xa que os poboados meigos invadirán as rúas do centro da cidade na noite do sábado 26 e o festival folk no parque botánico será o domingo 27.

O Festival Folk no Alobre nace coa intención de fomentar a cultura e o folclore galego, así como aproveitar a beleza e idoneidade do parque Enrique Valdés Bermejo e o contorno do castro de Alobre como marco idóneo para acoller actividades lúdicas, culturais e de lecer. O festival desenvolverase durante toda a xornada do domingo 27 de agosto, dende as 11 da mañá ata entrada a noite en el haberá obradoiros, baile, concertos e actuacións de grupos folclóricos e ata un xantar romeiro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -