_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Ádega programa una semana co mellor cine, concertos na rúa, encontros con directores e obradoiro cinematográfico

O Cine Club Ádega en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía, pon en marcha una nova edición da Semana de Cine. Dende o domingo 30 de xullo e ata o venres 4 de agosto, incluídos, os afeccionados ao arte do celuloide poderán gozar coa proxección dunha excelente selección de películas e de galardoadas curtametraxes. Pero ademais, haberá encontros con directores, un obradoiro sobre diversos aspectos da cinematografía e ata concertos na rúa para as xornadas de inauguración e clausura. O cartel deste ano é creación do artista plástico de Vilagarcía, Uxío López.
28.07.2017.- A Semana de Cine, coa que dende hai uns anos se abre a programación festiva do mes de agosto e serve de preludio ás Festas de San Roque, arranca o domingo 30 de xullo ás 21:30 horas cun concerto de música en directo e cine na Rúa Valentín Viqueira. O grupo Aló DJango será o encargado da banda sonora para rematar coa proxección do “O cine ambulante do Señor Lili”, o resultado dun proxecto de recuperación, restauración e exhibición de películas de formato 8 mm e Súper8.

Os actos da Semana de Cine trasládanse ao Salón García de luns a xoves. Neste escenario e a partir das 21:390 horas celebraranse cada día os Encontros con Cineastas e as posteriores proxeccións de curtametraxes e películas.

Os directores que participan nos encontros son Mario Iglesias, David Hernández, Alberto Vázquez e Olga Osorio. Con motivo da súa presenza, en cada sesión proxectarase unha curtametraxe do director do día Vecinos”, de Mario Iglesias o luns;” Spaces of Time 3•Zaragoza” de David Hernández o martes, “Decorado” de Alberto Vázquez o mércores e “Einstein Rosen” de Olga Osorio o xoves.
A continuación de cada encontro proxectarase unha longametraxe. O luns “Paterson”, de Jim Jamusch; o martes “Forushande”, de Asghar Farhadi; o mércores, a premio Goya “Psiconautas. Los niños olvidados” de Alberto Vázquez e Pedro Rivero e o xoves “Elle” de Paul Verhoven.

As proxeccións de longametraxes péchanse o venres, día da clausura coa película “Toivon Tuolla Puolen” de Aki Kaurismaki.

A asistencia ás proxeccións do salón García son de balde para os socios de Ádega, mentres que os nos socios poden o pagar a entrada individual a 4 euros ou adquirir o bono de 1 euros para asistir a todas as películas da semana de Cine.

Do martes 1 ao xoves 3 de agosto, de 19 a 21 horas, o Salón García tamén será escenario do obradoiro «A composición da imaxe no cinema. Como compoñer o plano cinematográfico?», que será impartido polo realizador e director de fotografía David Hernández.

Neste obradoiro plantéxase a necesidade de coñecer os mecanismos para realizar unha eficaz composición da imaxe cinematográfica. O alumno coñecerá, a través de innumerables exemplos extraídos de pezas cinematográficas, como organizar, executar e avaliar o plano para conquistar os seus obxectivos narrativos e estéticos. Para asistir a esta actividade ´`e necesario inscribirse previamente a través da web http://www.cineclubadega.com e o custe da matrícula é de 5 euros. O obradoiro é de balde para os socios do cine club.

E a Semana de Cine despedirase como empezou, cun concerto ao aire libre, neste caso na Rúa Romero Ortiz a cargo do grupo Sapace Flipper. Será a partir das 23:30 horas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -