_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O plan de aforro enerxético esténdese a tres casas de cultura, que este inverno disporán de estufas de biomasa

O plan municipal de aforro e eficiencia enerxética que está desenvolvendo o Concello dende hai uns anos esténdese este outono ás casas de cultura e centros socio culturais municipais. A primeira medida a levar a cabo consistirá na substitución dos calefactores eléctricos que se están usando ata o momento por estufas de biomasa e afectará a tres centros: Fontecarmoa, Galáns e Faxilde. O investimento a realizar nesta actuación ascende a 22.705 euros, para cuxo financiamento o Concello contará cunha axuda no Inega.
22.08.2017.- O Instituto Enerxético de Galicia vén de confirmar a concesión da subvención solicitada polo Concello. A axuda elévase a 8.557 euros, polo que o Concello terá que achegar os 14.148 euros que restan para completar o presuposto.

En total adquiriranse catro estufas de aire biomasa. Dúas delas, de 30 kilowatios, instalaranse nas casa de cultura de Galáns e de Fontecarmoa. As outras dúas, de 16 e 15,2 kilovatios respectivamente serán para o inmoble de Faxilde, de xeito que cada unha delas colocarase dun dos dous andares, permitindo o uso individualizado da mesma en caso de que so se estea utilizando un dos dous pisos.

Confirmada a subvención, o Concello iniciará os trámites para o subministro dos equipamentos que deberían estar instalados antes do mes de outubro.

En anos anteriores, e dentro deste mesmo plan de aforro e eficiencia enerxética, o Concello xa instalou caldeiras de pellets na Escola Municipal de Música e na Bliblioteca. En ámbolos dous casos a medida permitiu prescindir do uso de gasóleo, moito máis caro que o pellets. A dotación de estufas de aire biomasa nestas tres casas de cultura permitirá reducir os custes polo consumo de electricidade, que co uso de calefactores elévase moito dende outono a primavera. Ademais do aforro económico que supón, a calor que ofrece a combustión é máis confortable, situación da que se beneficiarán os usuarios das casas de cultura. A intención do Concello é esperar a ver o resultado que dan estas estufas e coñecer a opinión dos colectivos que os usan porque, de ser favorable, a medida implantarase progresivamente nos demais centros socio culturais municipais.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -