_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
A Xerencia aborda a modificación do PXOM pola que Larsa cede ao Concello dous inmobles e o terreo dun vial

O Consello da Xerencia de Urbanismo dará mañá o visto bo á Modificación Puntual do PXOM relativa á finca de Larsa. Tras este paso, o asunto someterase á aprobación definitiva por parte do Pleno, concluíndo a tramitación municipal. O cambio, que aínda deberá contar co visto bo da Xunta de Galicia, suporá a incorporación ao patrimonio do Concello da casa solariega, a capela e o cruceiro. Tamén se ceden os terreos para posibilitar un vial xa recollido no Plan e para outros retranqueos do sistema viario. A modificación reduce o perímetro de protección inicialmente previsto ao redor da cheminea e permite á corporación láctea a segregación en parcelas dos terreos de uso industrial que lles quedan.
22.08.2017.- Os terreos que gaña o Concello para equipamentos públicos suman os 7.003 metros cadrados nos que se emprazan a casa, a capela e o cruceiro, máis 2.216,30 metros cadrados para sistema viario público. Parte desta superficie corresponde a unha sección do trazado do vial xa recollido no Plan que discorre en paralelo á vía do tren e que debería completar con outra franxa de terreo propiedade de Adif.

A tramitación da modificación puntal comezou hai anos co obxecto de reflectir no Plan Xeral de Ordenación Municipal o convenio urbanístico asinado no seu día entre Capsa e o Concello para facilitar á empresa a ampliación e modernización da súa factoría nos Martices e, por conseguinte a consolidación dos postos de traballos e o mantemento da senlleira marca de Larsa en Vilagarcía.

O grupo lácteo xa realizou as obras de ampliación e faltaba concretar os aspectos relativos ás cesións ao Concello e segregación das parcelas restantes titulares da empresa. Este trámite demorouse xa que, para permitir isto último era preciso reducir a área de protección fixada inicialmente polo PXOM ao redor da cheminea, por tratarse dun elemento característico da arquitectura industrial de mediados do século XX. A medida conta cos informes favorables de Patrimonio, polo que a tramitación no ámbito municipal concluirá tras a aprobación plenaria. A continuación, o expediente remitirase á Xunta de Galicia, a quen lle corresponde a aprobación definitiva para a súa incorporación ao PXOM.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -