_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello recupera, vía Facenda, a débeda pola obra da casa do Castro

A Axencia Tributaria ingresou hai uns días na conta do Concello os 160.000 euros que a propiedade da casa do Castro adeudaba ao Concello polas obras de consolidación executadas subsidiariamente pola administración local, así como polas taxas de ocupación de vía pública ocasionadas polo valado que foi preciso realizar durante meses para garantir a seguridade dos peóns, máis as sancións. A medida responde ao procedemento de embargo iniciado ao negarse a propiedade a aboar estes importes e pon fin a anos de litixio que derivaron nunha grave situación de deterioro dun edificio catalogado e de maior risco para as persoas debido aos continuos desprendementos de elementos cara a vía pública.
26.08.2017.- O goberno local congratulouse de que o proceso teña rematado de forma satisfactoria para Vilagarcía xa que, ademais de garantir a seguridade dos cidadáns e a conservación do edificio mediante as obras executadas de forma subsidiaria polo Concello, lógrase que os responsables da lamentable situación arrastrada durante unha década cumpran coas súas obrigas económicas e non teñan que ser as arcas municipais –é dicir, os propios cidadáns- os que asuman os custes.

Vontade e decisión política
Neste punto, o executivo socialista expón que “unha vez máis se demostra que a solución dos problemas non depende máis que de vontade e decisión política como se acaba de demostrar neste caso e como anteriormente se veu con conflitos tamén enquistados como o da urbanización de Veiga de Lamas que o anterior goberno non tivo interese ou non soubo resolver”.

O Concello seguirá este mesmo procedemento en todos os casos non que a administración local se vexa obrigada a actuar de forma subsidiaria e os propietarios se neguen a asumir os custes.

Os problemas polo deficiente estado do inmoble situado na Praza do Castro comezaron hai unha década. Os requirimentos realizados para a limpeza da fachada, primeiro, e despois para a limpeza e seguridade interior, caeron en saco roto, ano tras anos nos que a propiedade ía cambiando de titular e mesmo de nome dos mesmos. Os expedientes abertos e as accións impostas tamén foron desoídas polos propietarios e o edificio deteriorouse en tal extremo que, para previr riscos e danos materiais e humanos polo alcance dos elementos que se ían desprendendo, foi preciso valar a zona e cortar unha calexa, situación que se mantivo durante moitos meses.

Unhas das primeiras accións do executivo de Alberto Varela cando accedeu ao goberno en 2015 foi poñer fin a esta situación e, tras un último intento de negociación coa propiedade, puxéronse en marcha todos os mecanismos que prevé a lei para logralo. O primeiro era garantir a seguridade de persoas e bens materiais e conservar o edificio protexido, de aí que o Concello executara a obra de forma subsidiaria e pasase os custes da mesma á propiedade. Como tampouco se fixeron cargo dos mesmos, deuse conta a Facenda da débeda iniciando o procedemento de embargo que a Axencia Tributaria vén de rematar co ingreso dos 160.000 euros correspondentes ao custe da obra, das taxas por ocupación de vía e sancións.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -