_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Vilagarcía súmase ao proxecto provincial para previr os efectos do gas radón

O Concello de Vilagarcia participa no proxecto provincial para previr os efectos do gas radón promovido pola Deputación de Pontevedra e que se presentou á convocatoria do Programa Life 20014-2020 para ser financiado con fondos europeos. Se a Comisión Europea aproba a iniciativa provincial, Vilagarcía, ao igual que os demais concellos participantes, sería obxecto da realización de estudos e medicións dos niveis de gas radón en instalacións e servizos públicos e, de ser necesario, proporíanse as medidas correctoras a adoptar. Todo elo, sen custe algún para as arcas municipais.
29.08.2017.- O proxecto da deputación de Pontevedra ten como obxectivo abordar a problemática do gas radón a través de medias que contribúan a diminuír o risco potencial para a cidadanía. Este gas é un compoñente radioactivo contaminante causante dun incremento substancial da porcentaxe de poboación afectada polos diferentes procesos canceríxenos, principalmente de pulmón, e que, como demostran diferentes estudos, está presente nos concellos da provincia de Pontevedra, cun nivel de risco potencialmente elevado.

Dada potencial influencia que este gas ten sobre a saúde da poboación, e como o Programa Life busca favorecer, mediante a achega de solucións e mellores prácticas, cambios que supoñan a consecución dos obxectivos medio ambientais e climáticos derivados do Programa xeral de Medio Ambiente da Unión Europea, o organismo que preside Carmela Silva deseñou este proxecto piloto e con carácter experimental.

Se finalmente, o proxecto pontevedrés resulta seleccionado pola Comisión Europea, suporía a realización en Vilagarcía dunha serie de medidas, sen custe para o Concello, centradas en tres puntos.
1.- Análise do estudio dos edificios públicos municipais desde a perspectiva da presenza ou acumulación de niveis excesivos de gas radón.
2.- Identificación dos postos de traballo que, debido as súas características, presenten riscos potenciais pata o persoal pola acumulación deste gas.
3.- Identificación e análise do estado da auga potable destinada aio consumo humano no municipio respecto aos niveis de radón disoluto.

Nos tres casos, de detectarse niveis de gas radón superiores aos establecidos pola directiva europea, proporíanse as medidas necesarias a adoptar para reducir eses valores ata colocalos dentro do marco que establecen as recomendacións da OMS. As accións paliativas deberán asumilas os concellos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -