_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Os técnicos descartan perigosidade nas instalacións do campo de fútbol municipal de Vilaxoán

O campo municipal de fútbol de Vilaxoán non reviste perigosidade en ningunha das súas construcións. Así o determinaron os técnicos municipais tras a inspección realizada esta mañá ás instalacións deportivas propiedade do Concello na compaña do director de actividades da Fundación de Deportes e o presidente do club San Martín.
08.09.2017.- Aínda que as declaracións realizadas polo presidente do club nun medio de comunicación xa se sabían esaxeradas, debido ao coñecemento dos técnicos do estado das instalacións, para evitar a alarma creada ou para previr posibles riscos se realmente os houbera, o goberno local ordenou aos técnicos municipais realizar unha inspección para constara o estado das dependencias. Nin as gradas, nin os muros, nin ningunha construción do campo de Vilaxoán presentan risco de derrube nin de ningún tipo, segundo o ditame do Arquitecto.

Tanto dende a Fundación de Deportes como dende o goberno trasladan aos veciños de Vilaxoán e usuarios do campo de fútbol un mensaxe de absoluta tranquilidade neste sentido e lembran que “o campo de fútbol de Vilaxoán é unha instalación municipal e, polo tanto, a ninguén máis que a nós nos preocupa e nos interesa que o campo estea en perfecto estado, especialmente no que á seguridade se refire”. Neste punto afirman que “de detectarse algún perigo, tampouco dubidaríamos en pechar as instalacións porque, por riba de todo habería que garantir a integridade das persoas; aínda que por sorte, non é o caso”. Ademais, o goberno insiste en que, este outono executaranse as obras de reforma e mellora dos aseos do público, tal como estaba previsto, e nas que se investirán 30.080 euros.

Aparte das tarefas menores de mantemento e arranxos, o Concello está a realizar melloras en todas as instalacións deportivas municipais, as últimas e máis importante son a reforma dos campos de Bamio e Faxilde e a edificación das casetas dos árbitros do estadio de atletismo. Estas actuacións para conservar e mellorar os equipamentos deportivos continuará , tendo que priorizar ás máis urxentes dado que, cos recursos dispoñibles, non é posible chegar a á vez e a todas partes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -