_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
Varela acude ao Parlamento en apoio da retirada do anteproxecto de Reforma da Lei de Saúde

As explicacións dadas polo presidente da Xunta á pregunta formulada voceiro do PSdG no Parlamento Galego sobre o anteproxecto para a Reforma da Lei de Saúde e o novo mapa sanitario que conleva, non convenceron nin ao alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, que esta mañá asistiu á sesión xunto coa concelleira de Sanidade, Tania García, e a presidenta da xunta de persoal do Hospital do Salnés, Rosa Casal. Varela insiste en que a Xunta debe paralizar a tramitación dunha reforma que resultará moi lesiva para todos os galegos, xa que incide nos recortes á sanidade pública, e de xeito concreto para os vilagarciáns e o resto dos veciños da comarca, xa que prevé “converter ao Hospital do Salnés nun mero ambulatorio”.
13.09.2017.- A comitiva vilagarciá acudiu ao parlamento para poñer de manifesto o seu apio á, petición da retirada do anteproxecto que xa conta con máis de 1.500 alegacións, pese a que o decreto publicou sen previo anuncio, en pleno mes de agosto, e con tan só 15 días de prazo para alegar. Varela lamentou que o goberno do PP en Galicia chame optimización de servizos a reducir os servizos sanitarios que existen actualmente no Hospital do Salnés onde desaparece a especialidade de cardioloxía ou a de oncoloxía reducirase un día de atención á semana e con facultativos distintos porque irán saltando dun centro a outro. O alcalde da capital arousá, ao igual que o persoal do centro, advirte que ao perder a entidade de área sanitaria e pasar a converterse en distrito, o Hospital do Salnés será degradado, seguirá perdendo servizos e obrigará aos veciños da comarca a ter que desprazarse a Pontevedra para ser atendido por especialistas pu mesmo para realizar probas que ata agora se estaban facendo aquí. “Esta reforma o único que conseguirá é crear cidadáns de primeira, os que vivan onde se hai un Hospital de referencia, e de segunda, que seremos todos os demais”.

Tras a falta de respostas concretas ás preguntas realizadas por Leiceaga, Varela Paz espera que a o goberno do PP se dea conta da gran equivocación que están a cometer e que, de unha vez por todas, aposten por unha Sanidade Pública de calidade, reforzándoa non seguindo cos recortes, porque é o que lle estamos pedindo todos os galegos”. De non deter a tramitación desta reforma e non tratar de consensuala antes cos grupos da oposición, os profesionais e representantes das plataformas en defensa da sanidade, o alcalde advirte que “o goberno do PP na Xunta vaise a atopar cunha forte contestación social e mobilizacións como xa lle aconteceu coa Lei de Acuicultura”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -