_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía acolle o sábado a entrega do Premio Plácido Castro de tradución

O Concello de Vilagarcía acolle este sábado o acto de entrega do Premios de Tradición Plácido Castro que convoca anualmente a Fundación integrada pola Asociación de Traductores Galegos e polos concellos de Vilagarcía, Cambados e Corcubión. O premio, que este ano chega a súa décimo sexta edición, recaeu este ano en Isabel Soto pola súa tradición ao galego da obra “Fosca”, do italiano Iginio Ugo Tarchetti. O acto celebrarase o sábado, 30 de setembro, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Tradución, as 13:00 horas no salón de Plenos do Concello.
27.09.2017.- A premiada, Isabel Soto, é unha crítica literaria e tradutora ben consolidada no noso sistema literario e cultural. Partícipe en múltiples traducións colectivas, é autora tamén dunha vasta obra que abarca máis de vinte títulos.

A obra premiada, Fosca, é a máis importante de Tarchetti, escritor italiano scapigliato. A scapigliatura foi un movemento artístico e literario desenvolvido no norte de Italia sobre todo entre os anos sesenta e oitenta do século XIX. Nos scapigliati aniñaba un espírito de rebeldía contra a cultura tradicional e o bo senso burgués.

Á hora de xustificalo premio, o xurado destacou “a fluidez e a solvencia na lingua meta, así como o esforzo de reflectir o estilo arcaizante da lingua orixinal nun galego que recupera usos propios dunha época literaria anterior que poderiamos emprazar a finais do século XIX ou inicios do XX”. Respecto á calidade da tradución, destacou ”o acerto no transvasamento de estruturas sintácticas intricadas ao galego”.

O IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) promoveu en 2001 a creación da A Fundación Plácido Castro creouse en 2001 promovida dende o IGADI e nela participan os concellos de especial relevancia na vida de Plácido Castro (Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa) e a Asociación de Tradutores Galegos. A Fundación ten por obxecto a reivindicación da figura, obra e pensamento de Plácido Ramón Castro del Río, atendendo á conservación e divulgación do seu fondo compromiso con Galicia e cunha visión universalista do mundo. Con este premio, a Fundación Plácido Castro pretende reivindicar a dimensión tradutora do autor galego de quen en 2017 cumpríronse 50 anos do seu pasamento así como alentar un maior recoñecemento social do labor dos tradutores e tradutoras.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -