_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade recorre ao monólogo de Pamela Valenciano para concienciar á mocidade contra a violencia de xénero

O Auditorio Municipal de Vilagarcía acollerá o xoves pola mañá un monólogo moi especial. Trátase do espectáculo “No solo duelen los golpes”, no que a famosa monologuista Pamela Valenciano relata a súa propia experiencia como vítima de violencia machista cando era adolescente. A actividade está programada pola Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía no marco das accións que leva a cabo cada curso para previr comportamentos sexistas e a violencia de xénero entre a poboación xuvenil. Por iso, o espectáculo está dirixido aos alumnos de 4º da ESO e de Bacharelato de todos os centros educativos do municipio.
30.09.2017.- “No solo duelen los golpes” naceu como un monólogo no que a súa autora e protagonista invitaba a reflexionar á mocidade sobre a violencia de xénero a través da súa experiencia persoal e utilizando o humor e a ironía. Despois de 12 anos xirando e máis de 3.500 actuacións en capitais e localidades españolas, por varios países de Latinoamérica e incluso en Viena e Korea, “No solo…” foi evolucionando ata converterse nunha especia de obradoiro con monólogo incluído no que Valenciano interactúa cos adolescentes que reaccionan en diferentes momentos coa risa, o enfado, a identificación ou a indignación para rematar tomando consciencia das actitudes machistas e dos diversos xeitos nos que se pode producir a violencia de xénero.

A proposta de Pamela aborda o mito do amor romántico, os celos, o control e a posesión, a violencia psicolóxica, sexual e física, ou a propia agresividade como consecuencia de vivir cun maltratador, así como a recuperación e o establecemento doutro modelo de amor.

Pamela Valenciano recibiu varios premios pola súa achega á prevención de la violencia machista en las aulas grazas a esta proposta.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -