_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Xunta de Goberno adxudica a conversión do quiosco de Arcebispo Lago en punto de e información municipal

A Xunta de Goberno Local acordou na reunión desta mañá adxudicar á empresa Logística de Actividades de Rehabilitación de Edificaciones y Servicios S.L. os traballos que permitirán converter o quiosco da Praza de Arcebispo Lago nun atractivo punto de promoción turística e información municipal. A actuación ten un custe de 27.830 euros e farase en base ao proxecto encargado ao deseñador vilagarciá, Jorge Jiménez, e que se presentou o pasado mes de maio.
02.10.2017.- O Concello recuperou o ano pasado a concesión do quiosco da Praza de Arcebispo Lago que levaba un tempo en desuso. O seu emprazamento no centro da cidade e a propia fisionomía da instalación foron as principais razóns polas que se optou por darlle un uso promocional e convertelo en punto de información, para o cal encargóuselle o proxecto de reforma e de adaptación das instalación ao novo uso.

O proxecto realizado por Jiménez aproveita tanto a estrutura do quiosco como os peches do mesmo. A idea é aproveitar todas as caras da edificación pentagonal a modo de escaparates no que exhibir a información turística, cultural, deportiva, de ocio e de programas municipais de especial interese para a cidadanía. Para elo combinaranse audiovisuais con imaxes fixas proxectadas en caixas de luz.

Ao exterior daráselle interese aos caixóns centrais a 5 caras, onde un deles, o que da ao fronte do paso de peóns, levará un monitor de imaxes para información dinámica, mentres que os catro restantes dotaranse de caixas de luz onde se colocarán carteis informativos de actividades puntuais. Os vidros libres aproveitaranse para a colocación de cartaces a substituír cada certo tempo. Na parte superior, o quiosco leva unha tira perimetral de texto co nome de todas as parroquias, barrios e zonas da cidade.

A actuación prevé pintar o aluminio de cor marrón escuro para dar unha imaxe máis actual á construción e a estrutura interior fórrase de madeira nobre de imitación. O pavimento fórrase de madeira de imitación de PVC e colócase un mostrador para futuros usos que precisen de atención personalizada.

Ademais de ofrecer un novo servizo a cidadáns e turistas, esta actuación permite recuperar para uso público unha instalación que non tiña consolidado un uso estable e que se estaba botando a perder no mesmo centro da cidade e dunha praza remodelada non hai moitos anos.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -