_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello realoxa durante a fin de semana a catro familias afectadas polo incendio de Juan Carlos I

Os Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía asumirán os custes do realoxamento durante a fin de semana de catro familias que habitan o edificio da rúa Juan Carlos I no que esta mañá se produciu un incendio. Aínda que o inmoble non presenta danos estruturais, segundo a revisión realizada polo Arquitecto Técnico Municipal, será preciso airear e limpar o hollín antes de que os inquilinos poidan regresar as súas casas. Segundo o informe, o piso no que se orixinou o lume si precisará de obras para arranxar os deperfectos.
13.10.2017.- O incendio orixinouse no 4º dereita do número 42 da Rúa Juan Carlos I, aínda que o edificio ten a entrada por esta rúa, o piso en cuestión da a rúa Cervantes. Debido á magnitude das lapas, os bombeiros desaloxaron a todos os inquilinos e, unha vez apagado, o Concello enviou ao Arquitecto Municipal para inspeccionar o estado no que se atopaba o inmoble. Segundo avanzou o técnico tras a inspección, non se detectan danos nos elementos estruturais do edificio, polo que non existe risco para as persoas. Os danos máis chamativos foron os rexistrados na habitación na que todo indica que se orixinou o lume, así como na anexa, nas que debido ás elevadas temperaturas que se deberon alcanzar, quedaron ao descuberto as bovedillas o teito, elementos de recheo sen importancia estrutural.

A inspección non se limitou ao edificio incendiado, senón tamén ao ático, situado xusto enriba, e aos inferiores.

A concelleira de Servizos Sociais e persoal do departamento desprazáronse a primeira hora ata o lugar do sinistro, situado a escasos metros do Concello, para interesarse polo estado dos inquilinos e ofrecerlles a axuda municipal. Contactouse con todos –algúns non se atopaban xa na zona- para buscarlles solucións de aloxamento. Varios dos afectados resolveron trasladándose temporalmente xunto con familiares, mentres que 4 familias con nenos menores e sen rede de apio familiar, serán realoxadas polos servizos sociais en hostais da zona, en principio durante a fin de semana, coa idea de que dea tempo a airear as vivendas e limpalas. O persoal de servizos Sociais manterase en permanente contacto cos afectados para atender as súas necesidades.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -