_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Convocado o concurso infantil para o deseño do cartel da Cabalgata de Reis de 2018

O Concello traballa xa nos preparativos da próxima visita a Vilagarcía das Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar. Neste marco, a Concellería de Cultura acaba de convocar o concurso infantil de debuxo mediante o cal se elixirá o cartel anunciador da Cabalgata de Reis 2018. Como nas últimas edicións, será un certame aberto, no que nenos de 7 a 11 anos poderán participar a título individual. O prazo de presentación de traballos remata o 1 de decembro.
07.09.2017.- O concurso de carteis convócase a título individual é dicir que calquera neno ou nena empadroado en Vilagarcía e con idade comprendida entre os 7 e os 11 anos poderá presentar un ou varios debuxos directamente. Só deberán cumprir os requisitos que se establecen nas bases aprobadas onte pola Xunta Local de Goberno. Os principais son que os traballos deben presentarse en formato A3, teñen que incluír no deseño o texto “Venres, 5 de xaneiro ás 19:00 horas” e non pode figurar a firma do autor. Os datos persoais débense facer constar no reverso do traballo (nome e apelidos, enderezo e un número de teléfono).

Os concursantes poderán presentar cantas obras desexen, sempre a título individual, posto que non se admitirán debuxos realizados por grupos. Os interesados en participar poden presentar os traballos a partir de xa nas dependencias de Cultura no Auditorio, de martes a venres en horario de 9 a 13 horas. O prazo remata o 1 de decembro.

O xurado concederase un premio único, que será o debuxo que se reproducirá no cartel anunciante da Cabalgata de Reis 2018. Si así o considerase necesario, a maiores concederase un accésit.

Como é costume, a Concellería de Cultura organizará unha exposición con todos os debuxos presentados ao certame.

Aínda que o certame é aberto e os participantes concorren a título individual, a Concellería de Cultura xa comezou a remitir as bases do concurso aos colexios e as ANPAS a efectos de que publiciten o certame entre o alumnado. As bases tamén se poden consultar no taboleiro de anuncios da web municipal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -