CONCELLO
Vilagarcía vestirase de negro para berrar contra a Violencia de Xénero A área de Igualdade do Concello de Vilagarcía organiza un ano máis os actos conmemorativos do 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Con motivo desta data, o Concello e os principais colectivos sociais da cidade e os colexios colaborarán nos actos programados para mover conciencias e reclamar ás medidas que acaben con esta lacra social vestindo de negro a cidade en sinal de loito. Ademais, haberá unha andaina reivindicativa na que participarán 1.700 escolares.
18.11.2017.- O Concello e o Consello local da Muller volven a sumarse este ano á campaña promovida pola FEGAMP a nivel galego e que no noso municipio leva por lema “25N Vilagarcía en Negro”. Os hostaleiros de Ahituvi, os comerciantes de Zona Aberta e da praza de Abastos, así como o centro Comercial e outras cadeas participan na campaña e vestiran de negro os seus establecementos o sábado 25 de novembro. A fachada do Concello xa se atopa de loito dende o pasado venres cunha gran pancarta lembrando o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se manterá durante toda a semana. Para contribuír a que os colexios, establecementos e entidades colaboradoras tamén se vistan de negro, o Concello repartiu camisetas co lema da campaña, carteis con frases significativas e manteis individuais.
Dado que este ano mo 25N cae en sábado, para favorecer a participación dos centros educativos, o día anterior desenvolveras unha andaina reivindicativa na que tomarán parte 1.700 alumnos. Partirán ás 10:45 da Praza da II República para percorrer as rúas do centro e rematar cunha grande concentración na Praza de Ravella. Será entón cando alí se desenvolva o acto central dio 25N coa lectura do manifesto elaborado polo Consello Local da Muller e onde tamén actuarán as Cantareitas Bulideiras e un grupo de alumnos do CEIP A Lomba. Xa o día 25N, a asociación O Sono de Lilith organiza unha marcha nocturna a partir das 19:30 horas e, en colaboraico´n co Cine Club Adega proxectarán no Salón García a película “A girl walks home alone at night”. A entrada custa 4 euros e a recadación será para o colectivo.
Tamén a asociación de vítimas da violencia machista “XTodas” están organizando un acto reivindicativo que se concretará nas vindeiras datas.