_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello remata en Sobradelo a obra de e a mellora do centro socio cultural

A concelleira de Mobilidade e o edil de Obras e relación veciñais desprazáronse hoxe a Sobradelo para revisar o estado das obras que o Concello acaba de executar na parroquia. Hai unas semanas finalizaron as melloras no centro socio cultural nas que se investiron 15.263 euros e tamén se vén de rematar a obra de mellora da accesibilidade ao IES Armando Cotarelo Valledor, á que se destinaron 5.400 euros. A seguinte obra a realizar en Sobradelo será a dotación da praia canina no Castelete, traballos que comerán dentro de quince días.
23.11.2017.- A obra de accesibilidade forma parte das actuacións que está a desenvolver a área de Mobilidade en colaboración coa Concellería de Obras para ir eliminando de forma paulatina as barreiras arquitectónicas existentes en rúas e espazos públicos do municipio. No caso da entrada ao IES Armando Cotarelo, a actuación non só garante á accesibilidade ao centro educativo si no que tamén mellora a seguridade viaria nun punto moi transitado por peóns ás horas de entrada e saída dos alumnos.

Os traballos leváronse a cabo no fronte do acceso principal ao instituto e consistiron na construción dun paso de peóns elevado ao mesmo nivel das beirarrúas. O paso de peóns cubre todo o ancho do portalón do centro para maior comodidade e seguridade dos peóns que se aglomeran na zona á entrada e saída do centro.

Tamén se ensancharon as beirarrúas a ambos lados do paso de cebra, a modo de refuxio no que os peóns e mesmo as persoas que circulen en cadeira de rodas, poidan adiantar a súa posición e observar a proximidade de vehículos circulando sen a interferencia dos que se atoparen estacionados.

A obra xa está rematada e nos vindeiros días pintaranse as prazas reservadas para minusválidos, que cambian de lado vía para facilitar que os usuarios baixen directamente sobre a beirarrúa e non sobre o carril de circulación.

A actuación realizada na casa de cultura forma parte das obras incluídas no Plan de mellora e mantemento das casas de cultura e centros socioculturais do municipio. Os traballos realizados nas instalación de Sobradelo foran demandadas polos veciños e consistiron na adaptación dunha das estancias co obxecto de poder celebrar curso de cociña. Para elo instalouse o equipamento necesario, así como a extracción de fumes e cheminea.

Ademais, arranxáronse as fiestras e colocáronse estores para controlar a entrada da luz solar. Construíuse unha escaleira na saída do salón de actos cara a finca traseira e colocouse unha varanda exterior. Por último, lixáronse e pintáronse todas as varandas metálicas exteriores e realizouse unha limpeza completa do edificio. O único que queda é na entrada principal das instalación o rótulo identificativo co nome do Centro Socio Cultural de Sobradelo.

PRAIA CANINA NO CASTELETE

Por último, a concelleira aproveitou a visita a Sobradelo para comunicar que en cuestión de quince días comezarán os traballos da praia canina no Castelete, Paola María explicou que a actuación demorouse por unha confusión entre administracións, xa que tras tramitar os permisos con Costas, advertíuselle de que Portos de Galicia tamén tiña competencias na zona, e houbo que xestionar as autorizacións pertinentes. Tamén se falou cos propietarios de Cuca, xa que a firma ten unha concesión administrativa no areal, polo que xa se está en disposición de iniciar os traballos.

A actuación realizarase con man de obra municipal e consistirá na adecuación do areal, actualmente invadido por pedras e escombro de obra, e na dotación de equipamentos como varandas nas escaleiras, vallas para evitar que os cans poidan saltar á estrada, unha fonte para que poidan beber os animais, papeleiras e bancos.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -