_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello subvencionou 21 proxectos a través das axudas municipais á creación de empresas

O Concello de Vilagarcía subvencionou este ano a posta en marcha de 21 novos proxectos empresariais no municipio a través da liña de Axudas Municipais á Creación de Empresas convocada pola Concellería de Promoción Económica e Emprego. A suma total dos fondos distribuídos entre os beneficiarios das axudas ascende a 38.536,77 euros. A temática dos novos negocios abarcou unha ampla gama de sectores, dende o comercio, á agricultura ou e ensino.
27.11.2017.- Coas axudas municipais á creación de empresas a concellería que dirixe Juan Antonio Pérez callón pretende incentivar o emprendemento e a creación de Emprego ofrecendo unha axuda económica para contribuír aos gastos que conleva a posta en marcha de calquera negocio.

Á convocatoria deste ano correron 27 proxectos, dos que 21 cumprían todos os requisitos das bases. Estes son os que se subvencionan con sumas que oscilan entre os 711,87 (só un caso) euros e o máximo de 2.000 euros (14 dos proxectos).

Entre os negocios subvencionados, os maioritarios son quioscos, tendas de roupa e complementos e bares, pero tamén hai unha barbería, unha carnicería, unha academia de ensino, un centro de fisioterapia, un gabinete nutricionista, unha granxa artesanal e horta ecolóxica e unha perruquería.

A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión desta mañá a resolución da concesión desta primeira liña de axudas da Concellería de Promoción Económica. Existe unha segunda, destinada a subvencionar a contratación e consolidación de traballadores empadroados en Vilagarcía á que poden acceder empresas da localidade e de municipios da contorna. Nesta liña aínda está aberto o prazo de presentación de solicitudes.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -