_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello empeza a notificar sancións de 300 euros por incumprimento da normativa do lixo

A primeira fase da campaña de vixilancia e control posta en marcha a finais de verán polo Concello para acabar coa imaxe do lixo depositado nas rúas da cidade fora dos contedores dou como resultado a presentación de 25 denuncias. Tras a pertinente tramitación das mesmas, esta semana comezáronse a notificar as primeiras sancións por importe de 300 euros. Para garantir a boa imaxe da cidade e o cumprimento da normativa de depósito de lixo, a administración local seguirá realizando periodicamente campañas como a destes últimos meses.
A campaña de vixilancia ordenada polo Concello levouse a cabo a través da colaboración do persoal da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Cespa, e da Policía Local. Cómpre lembrar que, pese aos reiterados avisos do Concello, a imaxe do lixo acumulado a calquera hora do día fora dos contedores foi case unha constante en determinadas zonas do municipio, especialmente no casco urbano e zoas peonís, o que motivou numerosas queixas dos veciños e visitantes, aparte das conseguintes molestias por mala imaxe e malos cheiros.

As 25 denuncias presentadas correspóndense cos casos nos que foi posible identificar mediante probas aos seus responsables. Os expedientes sancionadores ábrense por incumprimento da Lei 10/2008 de Residuos de Galicia. A normativa autonómica prevé sancións de ata 602 euros por depósito de lixo fora de contedores e na vía pública, infracción que o texto cualifica como leve. Dada esta circunstancia, as sancións impostas polo concello establecéronse inicialmente en 300 euros.

As denuncias presentadas correspóndense maioritariamente a negocios de diverso tipo, aínda que tamén hai contra particulares, dándose o caso concreto de dous establecementos que acumulan dúas e catro denuncias diferentes respectivamente, polo que o importe total da sanción multiplícase por igual número.
Unha vez notificadas as sancións, os infractores dispoñen dun prazo para presentar as alegacións que estimen oportunas.

O Concelleiro de Servizos e Medio Ambiente, Lino Mouriño lamenta que o Concello teña que recorrer a este tipo de campañas para conseguir que a xente cumpra a normativa en materia de depósito do lixo. O edil lembra que pese tras a publicación de bandos, notas de prensa e remisión de circulares informativas, persistiron as actitudes incívicas polo que non queda máis remedio que aplicar a normativa sancionadora.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -