_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
233 alumnos de infantil recibiron axudas do Concello para aliviar os gastos de inicio de curso

O Concello de Vilagarcía concedeu un total de 233 axudas para contribuír nos gastos de inicio de curso de outros tantos alumnos e alumnas de educación Infantil. Cada beneficiario recibiu unha bolsa de 60 euros co que a suma total repartida para o actual curso ascendeu a 13.980 euros. Estas Axudas Municipais á Escolarización están fináncianse a través das concellerías de Benestar Social e Educación.
02.01.2018.- As axudas municipais á Escolarización diríxense a alumnos de Educación Infantil matriculados en centros educativos do municipio sostidos con fondos públicos. Con elas, o Concello pretende contribuír a aliviar a carga que supón o inicio do curso escolar para moitas familias. Aínda que a escolarización non é obrigatoria na etapa Infantil, o goberno socialista considera que é imprescindible para un mellor desenvolvemento do neno tanto a nivel educativo como social e persoal, ademais de ser unha medida necesaria en moitos casos para a conciliación laboral. De aí que o Concello fomente a escolarización nesta etapa ofrecendo as axudas que se conceden tendo en conta o nivel de ingresos da unidade familiar. Trátase de bolsas de 60 euros destinadas á compra do material escolar preciso para o inicio do curso.


O goberno local incrementou en 2017 e por segundo ano consecutivo os fondos destinados ás axudas municipais para a escolarización en Educación Infantil que pasaron de 9.000 a 13.500 euros co obxecto de poder axudar ao maior número de familias que o precisen. Pese a este importante incremento, o número de bolsas concedidas finalmente (233) superaba a partida en 480 euros, polo que o goberno aprobou implementar a partida nesta suma para cubrir todas as solicitudes que cumprían as bases da convocatoria.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -