_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
AVISOS
O parque do Castriño péchase temporalmente para retirar unha árbore que corre os risco de desplomarse

O parque do Castriño permanecerá pechado ao público durante uns días como medida de precaución ante o risco de desplome dunha árbore de gran porte e de desprendementos de pedras dun talude. As chuvias dos últimos día abrandaron o terreo e coa erosión desprendéronse unhas pedras do talude que separa a zona do estanque do parque da área arqueolóxica do Castro de Alobre, situada a nivel superior. Como consecuencia, as raíces dunha acacia de considerable tamaño quedaron ao descuberto e sen ningunha suxeición polo que haberá que proceder a retirala antes de que se deplome.
O Servizo Municipal de Emerxencias acudiu a mediodía a precintar a zona e o parque pechouse a continuación, despois de que o Servizo de Xardíns fose a avaliar a situación da árbore. Dada a inestabilidade da mesma e para previr danos, optarase por talala, traballos que se desenvolverán nos próximos días. Pese a ter un porte considerable,tratase dunha árbore bastante común da especia das acacias.

Para evitar o acceso de persoas ao parque pecharanse as portas do mesmo polo fronte da Avenida Valle Inclán e pola rúa Duques de Terranova. Tamén se precintará o acceso ao Castriño dende a terraza do castro de Alobre. Poranse carteis advertindo dos riscos en todos os accesos.

O parque volverase a abrir tan pronto como estea garantida a seguridade na zona.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2024  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -