_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Vilagarcía disporá de 2,4 millóns de euros dos fondos provinciais para investir en 2018/19

Vilagarcía disporá de 2.411.533 euros dos fondos provinciais para financiar obras ao longo dos anos 2018 e 2019. O deputado de Cooperación Municipal, David Regades, visitou esta mañá o Concello para informar sobre a suma que lle corresponde á capital arousá dentro da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos e para facer seguimento das actuacións que se están a levar a cabo na cidade con financiamento do organismo. O executivo local deberá decidir agora a lista de intervencións que se sufragarán a través deste plan bianual e que prestarán especial atención ao mantemento de instalacións e infraestruturas deportivas.
10.01.2018.- egades explicou que a decisión do goberno provincial que preside Carmela Silva de xuntar os investimentos do Plan Concellos correspondentes a dúas anualidades adoptouse a efectos operativos e para facilitar a tramitación xa que como en 2019 se celebran eleccións municipais, o plan desde ano podería verse demorado ou incluso paralizados os investimentos como consecuencia da formación das novas corporacións locais e provincial.

Tras coñecer o suma coa que contará Vilagarcía e dado que se acaban de publicar as bases da convocatoria, o alcalde, Alberto Varela, comentou que o goberno decidirá nas vindeiras semanas as actuacións a executar con estes fondos en función das necesidades detectadas. O alcalde socialista comentou que “todas as concellerías teñen necesidades, polo que trataremos de distribuír os investimentos do xeito máis equitativo para tratar de chegar a todas partes”. Varela Paz adiantou que, en todo caso, priorizarase a mellora e mantemento das infraestruturas e instalacións deportivas “que requiren de moitas obras debido ao absoluto abandono ás que as someteu o PP durante os seus catro anos de mandato. Por esta falta de mantemento sufriron un grave deterioro que agora custará máis paliar”, sentenciou.

O rexedor dixo que, debido a esa circunstancia, a situación actual de numerosas instalacións deixa moito que desexar, como acontece no pavillón de Fontecarmoa, no campo de fútbol de Vilaxoán ou na piscina. Neste punto, Varela apuntou que o seu equipo leva xa tempo tratando de paliar esta situación con melloras no campo de Faxilde, os aseos no de Vilaxoán, ou a mellora da sala de xuíces das pistas de atletismo, por poñer algún exemplo, traballos que continuarán nos vindeiros dous anos.

Autonomía municipal para decidir o destino das obras

O alcalde agradeceu ao actual goberno provincial a autonomía e liberdade concedida aos Concellos” ao deixarnos decidir en que queremos investir os fondos provinciais, non como facían o anterior presidente da Deputación que decidía el en función dos seus gustos ou intereses”. Varela insistiu en que “somos os gobernos locais os que mellor sabemos o que necesitan os nosos concellos por iso, co novo sistema garántese que os investimentos atendan e servan de forma eficaz aos intereses e benestar dos veciños”.

Pola súa banda, Regades destacou o “bo criterio” seguido polo goberno de Vilagarcía á hora de distribuír os fondos provinciais dos anteriores plans, financiando obras moi importantes para a cidade, como por exemplo a humanización da Praza de Galicia que comezará a próxima semana e á que se destinan máis de 350.000 euros, ou a construción da Escola Infantil de Vilaxoán, cunha subvención de 700.000 euros. Pero tamén facendio obras menos ambiciosas pero que inflúen moito nos cidadáns.

Varela sinalou a importancia que o Plan Concellos ten para todos os municipios, e especialmente para Vilagarcía que pouca capacidade inversora podería ter sen eles tendo en conta a redución do nivel de ingresos polas conxelación de taxas e rebaixa do IBI que se están aplicando para aliviar os efectos da crise e do catastrazo nas economías domésticas e polo descenso da actividade construtiva que fai que apenas se recade polos imposto de construción ou de plusvalía.

Reclaman un Plan Concello á Xunta

O rexedor fíxose eco da voz de moitos alcaldes de Galicia que reclaman á Xunta un Plan Concellos similar ao da Deputación e criticou o trato que ó executivo de Feijóo autonómica está a dar a Vilagarcía “na que non só non invisten, senón que incluso teñen que ser Concello e Deputación os que suplan este abandono financiando obras que competen exclusivamente á administración autonómica, como no caso das obras en colexios ou a construción da Escola Infantil de Vilaxoán”.

A Escola Infantil de Vilaxoán, un edificio “digno de premio”

Respecto a esta último, regades destacou o “espectacular proxecto construtivo” deseñado polo arquitecto da Oficina Municipal de Rehabilitación “digno de presentarse a concurso e que será todo un referente debido ao coidado e pensado que está todo tanto no apartado estético como pola funcionalidade e comodidade prevista para o seu uso como escola infantil”. Destacou a accesibilidade do edificio de planta baixa, o dominio da luz natural en todas as estancias, a climatización e uso de vinilo no chan e a idoneidade da zona exterior para op esparexemento dos cativos, entre outros aspectos.

A obra, que sufriu certo retraso pola maraña de canalizacións de saneamento non rexistradas que discorrían pola parcela avanza agora a bo ritmo e calcúlase que podería rematarse a finais de verán. Varela Paz engadiu ao respecto que “confío que a Xunta tamén sexa áxil á hora de incluír o centro na Rede do Consorcio, como se comprometeu, e de poñer os medios para a súa posta en marcha”.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -