_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Touriñán e Carlos Blanco ofrecerán unha segunda función o día 11 de maio diante da alta demanda de entradas

Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco teñen garantido o éxito do seu novo espectáculo, "Somos criminais", na súa presentación en Vilagarcía. Tan é así que a súa produtora acaba de anunciar que dende hoxe xa é posible adquirir entradas para unha segunda función, o mesmo día, 11 de maio. A decisión débese á alta demanda de entradas, como o demostra o feito de que cando fallan case tres meses para a función en menos dunha semana xa se vendeu o 85 % do aforo (arredor de 650 das 754 butacas dispoñibles).
31.01.2018. Así pois, Touriñán e Blanco farán sesión dobre: unha ás 20,30 horas e outra ás 23,00 horas. Os prezos son os mesmos para as dúas funcións: 12, 10 e 8 euros (en función da zona máis preta ao escenario: A, B e C) en venda anticipada. Tamén poderán adquirirse as entradas o mesmo día, na billeteira do auditorio, con prezos de 15, 12 e 10 euros). A venda anticipada se xestiona a través de Tiketea ( http://www.tiketea.com ) e da billeteira telefónica do 902 044 226.

En "Somos Criminais" Touriñán e Blanco tratan de responder a preguntas como se os galegos temos unha cultura criminal propia. Así, e sempre dende a perspectiva da retranca, os cómicos analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables: o crime por arroutada, o crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión... Tamén analizan as orixes do narcotraficante galego, para chegar a unha conclusión: "Somos criminais".
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -