_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
O CIM convoca a décima edición do Maratón Fotográfico pola Igualdade de Xénero para o 3 de marzo

Con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía convoca unha nova edición do Maratón Fotográfica pola Igualdade de Xénero en Relación ao Mundo do Traballo. O de 2018 será á décima edición do certame que se desenvolverá durante a xornada do sábado, 3 de marzo, co obxecto continuar a labor de concienciación e sensibilización no eido da igualdade, neste caso, a través das imaxes que obteñan os participantes no concurso fotográfico. O prazo de inscrición xa está aberto e os interesados poden anotarse ata o día 27 de febreiro.
08.02.2018.- Son xa dez anos os que o departamento que dirixe Tania García leva empregando a fotografía como ferramenta que permita levar a cabo unha reflexión sobre as desigualdades de xénero e que favoreza, a través da observación e a creatividade, a visibilización destas desigualdades, co obxectivo de provocar un cambio de actitude en toda a sociedade.

Para que este cambio sexa real e efectivo faise precisa a implicación de todas e todos, por iso dende a Área de Igualdade - CIM, animan a participar no maratón a todas as persoas que gocen coa fotografía e que queiran aportar o seu grao de area na loita pola igualdade.

As inscricións deben realizarse cubrindo a folla específica que se pode obter nas dependencias da concellería ou imprimir do taboleiro de anuncios da web municipal. O formulario pode presentarse presencialmente no CIM, mandar por correo electrónico ao enderezo muller@vilagarcia.gal ou remitir por fax ao número 986 512 226.

Trátase dun certame para afeccionados, polo que non poderán participar profesionais da fotografía. O maratón comezará ás 10:30 horas do sábado 3 de marzo no Auditorio e os concursantes deberán tomar imaxes que reflictan as tres temáticas que a organización lles desvelará ao inicio da proba e pasar polos controis establecidos. O xeito de participar será con cámaras dixitais, as fotos entregaranse en arquivo JPEG e tamaño mínimo de 20x30 cm. Ao remate da xornada, os concursantes deberán presentarse para descargar as fotos realizadas. Os mellores traballos de cada una das tres categorías recibirán un premio en metálico de 200 euros.

O nome dos gañadores e a entrega dos premios terá lugar nun acto público a celebrar o 16 de marzo coincidindo coa inauguración da exposición coas fotografías gañadoras e as seleccionadas polo xurado entre todos os traballos presentados.
Os concursantes deben cumprir as bases do certame que se poden consultar no taboleiro de anuncio da web municipal http://www.vilagarcía.gal

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -