_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
  UNHA CIDADE PARA VIVIR

Situada a carón do mar, no centro do eixo atlántico A Coruña-Vigo, cun clima temperado, sen temperaturas extremas, e plana na maior parte do seu tecido urbano, Vilagarcía de Arousa é un lugar ideal para vivir. Malia o seu reducido territorio (á penas 50 quilómetros cadrados) e poboación (arredor de 35.000 habitantes), Vilagarcía conta, sen embargo, con tódolos servicios propios dunha cidade de maiores dimensións.

Así, Vilagarcía conta con porto de interese xeral, delegación da Axencia Tributaria, Capitanía Marítima, dirección provincial do Instituto Social da Mariña, Comisaría de Policía, cuartel da Garda Civil, Cámara de Comercio, Fundación feiral, parque de bombeiros, xulgados, hospital comarcal, estación do ferrocarril e de autobuses, acceso directo á autoestrada... Pero Vilagarcía dispón tamén de auditorio municipal, sala de exposicións, casa da cultura, porto deportivo e praia -ambos con “bandeira azul” da UE-, complexo polideportivo con piscina, estadio de atletismo, dous pavillóns de deportes e pistas de tenis con herba artificial, máis de 130.000 metros cadrados de zonas verdes e “bandeira verde” concedida ó seu desenvolvemento sostible e ó coidado do medio ambiente.

Do mesmo xeito, en Vilagarcía é posible acceder a tódolos niveis educativos, dende a gardería a tódalas especialidades do bacharelato, dende a a escola de música (e pronto conservatorio) á Escola Oficial de Idiomas, dende as escolas taller ós cursos de verán de varias universidades.

Todo o anterior, xunto coa forte aposta do Concello polos servicios sociais, da muller, da terceira idade e da xuventude, e a humanización das rúas, con peonalizacións e amplas zonas verdes, converten a Vilagarcía nunha cidade moderna, cómoda e, por tradición, hospitalaria. En definitiva, un lugar ideal para vivir.

Para coñecernos mellor:

4 Organización municipal.
4 Servicios Municipais.
4 Turismo.

Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2017  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -