Observaciones |
|
|
O Conservatorio de Música de Vilagarcia ofrece o Concerto do Nadal. Unha selección de alumnos dos graos Elemental e profesional protagonizarán o evento no que interpretarán un variado repertorio no que as panxoliñas terán un papel protagonista.
O concerto contará coa participación das orquestras compostas polos alumnos en ámbolos dous graos, así como polo coro de adultos e o coro do grao Elemental que actuará cos alumnos de percusión deste mesmo nivel.
O programa do concerto do Nadal inclúe sonatas de Häendel,Telemann e Mozart; obras de Rieding, J. Dowland, Joplin e Faure; temas como a Habanera de Carmen, de Bizet, “Una sañosa porfía”, de J. del Encina, ou “Dúas Romanzas sen palabras” de Mendelssonhn. Dadas as datas e que se trata do Concerto do Nadal, o programa tamén contará cun repertorio de panxoliñas, como a andaluza “San José” e outras populares como “Navidad, Navidad”. O concerto rematará coa interpretación conxunta por parte de tódolos alumnos que interviron no concerto de Nadal da tradicional panxoliña de Grüber “Noite de Paz”. |