A Concellería de Cultura e a Asociación Cultural CURTAS están traballando na organización do Festival do Imaxinario que se desenvolverá do 25 de outubro ao 2 de novembro en Vilagarcía. E para tratar de evitar as dificultades económicas do ano pasado, Concello e asociación fixeron fronte común para demandar a colaboración económica da Xunta de Galicia. Co obxectivo de conseguir axuda da administración autonómica ao certame audiovisual máis antigo de Galicia, a edil Sonia Outón e o director do Curtas, Luis Rosales, mantiveron unha reunión co responsable da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil. |