A Compañía 7Bubble estrea en Galicia o espectáculo "Meninas", unha orixinal proposta de teatro de rúa para toda a familia. Máscaras, un boneco porfiado acrobático xigantesco e un vehículo que esperta a curiosidade de todos os públicos. Personaxes travesos e impetuosos que transforman o cotián e unha danza case irreal da boneca e o seu xascatroallo en vaivéns que van da reverencia ao xogo. Unha poética visual asombrosa a pé de rúa.