Observaciones |
|
|
A compañía Volta e Dálle Teatro representan a orixinal "Pan. Catro propostas arredor da malla", unha obra da que son co autores López, Carlos Santiago, Lucho Penabade e X. H. Rivadulla Corcón.
Argumento
0 pan xa non se amasa na artesa, senón en factorías deshumanizadas, nin vén do trigo mallado na eira, senón de fariñas industriais. Estes cambios supoñen a transformación da nosa sociedade tradicionalmente agraria nunha globalizada. A desaparición do labor da malla simboliza eses cambios e inspira as catro historias que conforman Pan: A sementeira, A sega, A malla e O pan. Do mesmo xeito que as mallas xuntaban toda a aldea, Pan é o resultado dun longo e complexo proceso de creación colectiva no que se implicou todo o equipo de Volta e Dálle. Catro autores con diferentes concepcións teatrais realizan as súas particulares interpretacións de cada paso que percorría o pan dende a leira á mesa.
Elenco
Comba Campoy ,María Lado, Pepe Penabade, Alfonso Romeo, Luís Iglesia e Mini e Mero. |