Observaciones |
|
|
A compañía Produciíons Teatrais Excéntricas pon en escea esta comedio escrita e dirixida polo polifacético Kiko Cadaval e que conta cun elenco composto por catro recoñecidos actores cómicos da escena galega: Marcos Orsi, Víctor Mosqueira, Borja Fernández e Suso Alonso.
Psinose: Unha obra en construción, moitos metros sobre o nivel do chan. Os operarios non falan, en parte polo barullo das máquinas, en parte porque veñen de países e culturas diferentes. É o Babel moderno. Constrúese contra o ceo e non se entende quen o fai. Sen necesidade de falar, dous obreiros encóntranse: un veterano e un novo; o que leva toda a vida e que dalgún modo comprende a política do ladrillo e aquel outro que, se cadra, tería preferido ser violinista ou economista ou chamán na súa terra natal. |