Observaciones |
|
|
Os nenos e nenas de Vilagarcía poderán pasalo de medo na Festa do Samaín, coa que a Concellería de Xuventude e Solidariedade pretende dar a coñecer aos máis cativos as orixes dunha das festas ancestrais máis importantes da cultura celta.
As actividades comezarán ás cinco e media da tarde e correrán a cargo da firma Troula Animación. Un zancudo moi especial xogará cos neno se nenas dende esa hora e ata as sete menos cuarto, cando está previsto o inicio dunha sesión de contacontos relacionados coa tradición do Samaín e a temática xerada posteriormente en torno a esta celebración (espíritos, almas en pena, mortos viventes, meigas, santas compañas...). Os nenos xogarán un papel activo intervindo e colaborando no relato das historias pro parte dos dous contacontos.
A concellería fai un chamamento para que os nenos e nenas leven á festa as súas cabazas decoradas co obxecto de contribuír a ambientación da Praza de Galicia cun dos motivos máis representativos do Samaín. As cabazas iluminadas colocaranse na tarima dos contacontos para recrear o ambiente da festa. Tamén se anima ós nenos a disfrazarse segundo a temática da celebración. |