Observaciones |
|
|
Olga Martínez, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, gravadora e profesora de pintura e debuxo é a protagonista da exposición deste mes na sala Rivas Briones. A artista viguesa ten recibido varios galardóns nos seus máis de 15 anos de traxectoria profesional e ten participado en máis de 100 exposicións, tanto individuais como colectivos. Conta con fondos na Xunta de Galicia, na colección do propio Concello de Vilagarcía, Televisión de Galicia, e en varias coleccións privadas de España, Portugal, Venezuela e Estados Unidos. |