|
Ó Proxecto Identidades é un encontro de arte contemporáneo en espacios públicos entre artistas de Vilagarcía e da localidade mexicana de Michoacán. Este intercambio artístico e cultural desenvolverase en Vilagarcía do 19 ó 23 de marzo, cando artistas locais e de Michoacán realizarán os seus proxectos artísticos nas rúas da cidade. Pintura en muros, fotografía, experiencias sonoras, instalacións e ata arte ritual, son algúns dos exemplos que se porán en práctica. A experiencia repetirase en maio na cidade mexicana.