|
Mostra organizada pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia que conmemora o 70 aniversario do plebiscito polo que se aprobou o Estatuto de Galicia de 1936. "Nazón de Breogán" fai un percorrido pola historia de Galicia dende as súas orixes ata ese ano e pretende ser unha homenaxe a insignes galeguistas. A exposición permanecerá no Auditorio do 16 de xaneiro ó 5 de febreiro.