|
O porto e as augas de Carril convértense entre o 30 de xuño e o 3 de xullo no escenario da gran festa da cultura marítima. No X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia participan máis de 160 barcos e preto de 500 navegantes. A organización confía en atraer ata a localidade vilagarciá a uns 20.000 visitantes. Música, artesanía, xornadas técnicas e sobre todo, moita vela e moita madeira son os principais atractivos.